Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 1995 Páx. 3.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4191 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras

Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Lugo-Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a BEGASA a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión a 20 kV, con conductores LA-30/31,1 mm, en apoios de formigón e cunha lonxitude de 469 metros. Centro de transformación de 50 kVA, nos Castros de 20.000-380/220 V. Rede de baixa tensión con conductores R.Z.-95-50-25, en apoios de formigón ou grampado en fachada, no concello de Ribadeo.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 16 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo