Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Aprobado por acordo plenario de data 28 de outubro de 1994 o prego de cláusulas técnicas, xurídicas, económicas e administrativas para o concurso de contrato de seguro de accidentes para os membros de Protección Civil do Concello de Ferrol, exponse ó público durante oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP para a presentación de réclamacións.

Simultaneamente, nos termos do artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, anúnciase concurso para a adxudicación do citado contrato, abríndose un prazo de vinte días hábiles para a presentación de proposicións, prazo que empezará a contar desde a última publicación deste anuncio nos boletíns oficiais correspondentes.

-Obxecto do contrato.

É a contratación dunha póliza que cubra o risco de accidente dos membros de Protección Civil do Concello de Ferrol no exercicio das funcións que desempeñen.

-Garantías e capitais asegurados.

Será para cada accidente que afecte os membros de Protección Civil, e por cada un deles as seguintes sumas:

Por morte: 3.000.000 de pesetas por cada falecemento.

Por invalidez permanente: 3.000.000 de pesetas por afectado.

Por invalidez temporal: indemnización diaria de 2.000 pesetas a partir do primeiro día.

-Orzamento.

Non se establece orzamento concreto para o presente concurso, polo que os licitadores deberán presenta-los seus orzamentos en función das características das súas ofertas.

Nas ofertas deberá indicarse o importe das primas anuais.

Para tódolos efectos entenderase que nas ofertas se encontran incluídos tódolos gastos que o adxudicatario debe realizar para o cumprimento das obrigas contratadas, e en especial o IVE.

-Duración.

A duración de cada contrato de seguro será de un ano prorrogable a partir da adxudicación do contrato, salvo preaviso por algunha das partes mediante comunicación escrita con dous meses de antelación.

-Procedemento de licitación e forma de adxudicación.

O procedemento de licitación deste contrato é aberto e a súa forma de adxudicación será por concurso.

-Fianza provisional.

Coa documentación enumerada na cláusula décima presentarase por separado e fóra dos referidos sobres o documento que acredite que se constituíu na caixa da corporación e a favor desta a cantidade de 100.000 ptas., en concepto de fianza provisional para participar non concurso, podendo constituírse en metálico ou mediante aval.

-Proposicións: lugar e plazo de presentación.

As proposicións para poder tomar parte na licitación presentaranse en tres sobres cerrados nas oficinas do rexistro xeral, dentro do prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da última publicación no BOE ou BOP, en horas de 9 a 14. Se o derradeiro día coincide con sábado entenderase prorrogado o prazo ata o seguinte día hábil inclusive.

-Proposicións, documentación.

Sobre A: levará mención «Proposición económica para a adxudicación mediante concurso de contrato de seguro de accidente convocado polo Concello de Ferrol».

O licitador (asinado e rubricado).

Dentro do sobre conterá a oferta económica axustada ó seguinte modelo:

D./Dª..., con DNI nº... e domicilio para efectos de notificación na cidade de...,rúa/praza.... nº..., C.P...., teléfono..., actuando en nome propio (ou en nome e representación de..., DNI/CIF nº..., con domiclio en.... rúa praza..., nº..., C.P .... ) toma parte no concurso convocado polo Concello de Ferrol para adxudicación do contrato de seguros de accidentes

dos membros de Protección Civil e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que presenta a seguinte oferta de contrato de seguros .............................

Ferrol, ... de ... de 1994.

O licitador (asinado e rubricado)

A documentación coas condicións e características de cada proposta deberá incluírse-no sobre C.

Sobre B: personalidade xurídica e xustificantes.

No anverso do sobre levará a mención «Personalidade xurídica e xustificantes para a adxudicación mediante concurso dos contratos de seguro, convocado polo Concello de Ferrol».

O licitador (asinado e rubricado).

Dentro do sobre figurará a seguinte documentación:

a) Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa.

b) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou de modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil.

c) Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa xurídica, deberá achegarse poder notarial para representa-la persoa ou entidade no nome da cal concorre ante a administración contratante, validado polo secretario do concello.

d) Declaración expresa de que a empresa interesada non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 9 da vixente Lei de contratos do Estado.

e) Declaración expresa e responsable efectuada ante notario ou autoridade pública de que a empresa interesada está ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social a que se refiren os artigos 9 da Lei de contratos do Estado e 23 do Regulamento xeral de contratación ou certificados expedidos pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e polo Ministerio de Economía e Facenda acreditativos de tales extremos.

Sobre C: referencias técnicas.

No anverso do sobre levará a mención «Referencias técnicas para a adxudicación do concurso dos contratos de seguro convocado polo Concello de Ferrol».

O licitador (asinado e rubricado).

Dentro do sobre figurarán os seguintes documentos:

a) Relación de contratos análogos celebrados con outras administracións.

b) Documentación explicativa das condicións e características das ofertas de contratos presentadas.

e) Fórmulas de revisión das sumas aseguradas e das primas.

d) Tódolos documentos que o licitador considere conveniente aportar que acrediten a súa solvencia

económica, financiera e á súa organización.

e) Póliza adaptada ó prego.

-Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións terá lugar, en acto público, na Casa do Concello de Ferrol, ás 12 horas do día hábil seguinte ó de remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións, ante a Mesa de Contratación constituída para o efecto, presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue e o secretario do concello, que dará fe e autorizará a acta.

Para o caso de que o dito día coincida en sábado, a apertura de plicas realizarase o primeiro día hábil seguinte.

O acto terminará coa simple apertura de plicas para posterior remisión ós servicios técnicos e administrativos.

-Fianza definitiva.

Para responder das obrigas derivadas do contrato, o adxudicatario deberá ingresar na caixa da corporación un importe equivalente ó 4% do importe da prima anual do contrato, na cantidade exacta que se indica na comunicación da adxudicación.

O prazo para deposita-la fianza definitiva será de 10 días contados desde o seguinte a aquel en que se reciba a notificación da adxudicación.

Exposición do expediente.

Para calquera consulta relativa á presente licitación queda posto de manifesto o expediente administrativo na Sección de Facenda e Patrimomio.

Ferrol, 7 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado