Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión do 20 de febreiro de 1995, adxudicou definitivamente as obras que de seguido se indican e ós contratistas que se sinalan:

-Construcción do mercado municipal, 5ª fase, adxudicada definitivamente á unión temporal de empresas Guillermo Sanmartín Adega e Instelec, S.L., no importe de 23.433.972 ptas.

-Pavillón polideportivo San Valentín, 3ª fase, adxudicada definitivamente á empresa Sage Construcciones, S.L., no importe de 56.534.434 ptas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 6 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado