Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anula a convocatoria pública das obras de reforma e acondicionamento do servicio de urxencias do centro de saúde de Melide (A Coruña).

No DOG nº 74 do 18 de abril de 1995 foi publicada a Resolución do 21 de marzo de 1995, desta dirección xeral, pola que se anunciaba contratación directa das obras de reforma e acondicionamente do servicio de urxencias do centro de saúde de Melide (A Coruña).

Anunciada, por erro, a licitación pública do referido expediente, dado que foi tramitado de acordo co disposto no derradeiro parágrafo do artigo 37 da Lei de contratos do Estado,

RESOLVO:

Primeiro.-Anula-la citada resolución desta dirección xeral do 21 de marzo de 1995 pola que se anunciaba a contratación directa das obras de reforma e acondicionamento do servicio de urxencias do centro de saúde de Melide (A Coruña).

Segundo.-Deixar sen ningún efecto a convocatoria pública realizada.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos