Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 3.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Para xeral coñecemento e en execución do acordo do Concello Pleno, adoptado en sesión celebrada o 16 de marzo de 1995, convócase concurso público para a redacción da revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Ferrol, de acordo co prego de condicións económico-administrativas e técnicas aprobado o 27 de xaneiro de 1995.

1. Obxecto.

Constitúe o obxecto do concurso a redacción dos traballaos de revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación.

2. Orzamento do contrato e financiamento.

O orzamento total previsto para o contrato é de 60.383.429 ptas. (IVE incluído), considerándose este orzamento como tipo de licitación máximo, quedando excluídos os licitadores que formulen a súa proposta por maior cantidade deste tipo.

A consignación da cantidade realizarase mediante gasto plurianual, de conformidade co artigo 155, da Lei 8/1990, de facendas locais, comprometéndose a corporación a incorporar en cada exercicio orzamentario as cantidades necesarias para facer fronte ó réxime de pagamentos.

3. Prazo de execución.

O prazo, de execución dos traballos é de 21 meses coas fases establecidas na cláusula 4 do prego de condicións económico-administrativas e técnicas.

4. Presentación de proposicións.

O prazo de presentación de ofertas será de 20 días hábiles a contar desde a publicación do concurso no BOE. Se o último día do prazo coincidise en sábado, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

As proposicións presentaranse en man no rexistro xeral do concello, Praza de Armas, s/n, dentro do prazo que se determina neste prego, de 9 a 13 horas. Non se admitirán as proposicións presentadas por correo.

As propostas presentaranse en tres sobres pechados sinalados coas letras A, B e C, en cada un dos cales levará o nome do propoñente e o título do traballo obxecto do concurso segundo o seguinte modelo:

-Sobre A, oferta económica.

Proposición para tomar parte no concurso dos traballos de revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Ferrol presentada por .....

En ....., ........ de ........ de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)

O sobre A conterá a proposición económica, que pode comprende-la oferta fundamental esixida e cantas variantes distintas considere oportunas o concursante.

-Sobre B, documentación.

Proposición para tomar parte no concurso dos traballos de revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Ferro1 presentada por .......

En ......, ....... de ...... de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)

No sobre B engadirase a documentación administrativa a que se refire a cláusula novena do prego de condicións económico-administrativas e técnicas.

-Sobre C, referencias técnicas.

Proposición para tomar parte no concurso dos traballos de revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Ferrol presentada por ........

En ......, ...... de ....... de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)

No sobre, C engadirase as referencias técnicas necesarias para acredita-los extremos a valorar dentro dos criterios de selección, establecidos na cláusula novena do prego de condicións.

Quedan advertidos os concursantes de obriga de presenta-la documentación esixida nas diferentes cláusulas do prego, en todos e cada un dos seus puntos, así cómo cumprir todo o nel especificado. As proposicións que non conteñan toda a documentación esixida serán rexeitadas, salvo nos supostos de rectificación de erros autorizados na lexislación vixente.

5. Modelo de proposición.

A proposición axustarase o seguinte modelo:

D/Dª..., co enderezo en... rúa..., nº..., actuando en nome propio (ou en representación de ... con DNI ou CIF nº .... e enderezo en..., rúa..., nº ...), toma parte no concurso convocado por... e publicado no... de data ...., para a execución dos traballos de ... ; e efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de ..... ptas., en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas, se deriven dos pregos de condicións técnicas e administrativas para a contratación dos traballos de redacción da revisión e adaptación do Plan Xeral Municipal de Ordenación de Ferrol, polo procedemento de concurso.

3) Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

........, ......... de ........ de 1995.

O licitador (asinado e rubricado)

6. Clasificación do concursante.

Grupo 2, subgrupo 5, categoría C, subgrupo, C do Rexistro de Empresas Consultoras e de Servicios.

7. Garantías.

Provisional: 1.207.669 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

8. Apertura de plicas.

Terá lugar no Pazo do Concello de Ferrol ás 12 horas do día seguinte hábil a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións agás que tal día coincida en sábado, suposto no que a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

9. Expediente administrativo.

Estará de manifesto na Xerencia de Urbanismo durante o prazo de presentación de proposicións e en horario de oficina.

10. Gastos de publicidade.

Correrán todos por conta do adxudicatario.

Ferrol, 3 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado