Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.997

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (416/1993).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 416/1993, promovido por Caixa de Aforros Provincial de Ourense contra Todosoft, S.L. e Ramón Femández Barbeito nos que por resolución desta data, se acordou sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, o seu remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado na forma seguinte:

En primeira poxa o día 16 de maio vindeiro e ás 12 da mañá, servindo de tipo, o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma de 12.169.865 ptas.

En segunda poxa, en caso de non quedar rematados os bens na primeira, o día 21 de xuño próximo e 12 horas da súa mañá, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E en terceira poxa se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 20 de xullo próximo ás 12 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda; poderase face-lo remate en calidade de llelo ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta e consignacións deste xulgado no BBV de Santiago de Compostela, conta número 1592-18-416-93, o vinte por cento do tipo expresado; sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores ou os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

-Local encima da rampla de acceso ós sotos, entre estas e a primeira planta alta, da casa nº 22 da rúa Frei Rosendo Salvado de Santiago de Compostela. Ocupa o local a extensión superficial duns sesenta e catro metros cadrados. Estrema: polo norte, caixa da escaleira e zona de acceso a este local e ás plantas altas; polo sur, a José González Criado; polo leste, con oco da rampla de acceso ós sotos e polo oeste, co baixo comercial. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, nº 2, no tomo 1018, libro 60, folio 31, predio no 4927.

Servindo de notificación conforme o disposto na regra 7ª do artigo 131 da Lei hipotecaria en caso de non ser recibida a oportuna notificación persoal.

Santiago de Compostela o trece de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado