Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.997

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (328/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, doy fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o vintenove de novembre de mil novecentos noventa e catro.

No nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 328/1994, dimanante do procedemento seguido por resistencia e desobediencia, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, José Antonio Mourelos García, policía municipal, con carné profesional nº 54; Manuel Curros Esperante, policía municipal, con carné profesional

nº 114 (denunciantes), e Manuel Alberto Carvalho Noronha Martínez (denunciado), con domicilio descoñecido.

Decido que debo condenar e condeno a Manuel Alberto Carvalho Noronha Martínez, como autor dunha falta do artigo 570.2º do Código Penal, con 5.000 ptas. de multa, e falta do artigo 582.1º do Código Penal con cinco días de arresto menor, e que indemnice a José Antonio Mourelos García en 10.000 ptas. por dano moral e lesións.

Así, por esta mi sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría a dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación, perante o xulgado de Instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Alberto Carvalho Noronha Martínez, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA