Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.997

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de febreiro de 1995 pola que se establece o procedemento de adscrición indefinida á función inspectora de funcionarios docentes.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 67, do 5 de abril de 1995, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 2.596, no terceiro parágrafo, onde di: «Eccontrándose no sexto ano de adscrición á función inspectora dos funcionarios docentes ... », debe dicir: «Encontrándose no sexto ano de adscrición á función inspectora os funcionarios docentes ... ».

-Na páxina 2.596, no artigo 1º, onde di: «antes do 31 de marzo de 1995», debe dicir: «antes do 30 de abril de 1995».

-Na páxina 2.596 o artigo 2º debe quedar redactado do modo seguinte:

«Segundo.-O exercicio da función inspectora será avaliado por unha comisión presidida polo secretario xeral ou director xeral en quen delegue e integrada polo subdirector xeral de Inspección e tres inspectores vocais designados por sorteo público de entre os funcionarios pertencentes ó corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa e funcionarios docentes adscritos con carácter indefinido á función inspectora e dous vocais nomeados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria entre funcionarios dependentes da consellería do mesmo ou superior nivel do asignado ás prazas convocadas».

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA