Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 23 de febreiro de 1995, do tribunal cualificador do concurso de méritos para a selección de persoal laboral fixo con destino no complexo deportivo de Monterrei, Pereiro de Aguiar, Ourense, convocado por Orde do 31 de xaneiro de 1989 (DOG número 40, do 27 de febreiro).

Efectuada a avaliación de méritos dos aspirantes que tomaron parte no concurso de méritos convocado en virtude da Orde do 31 de xaneiro de 1989 (DOG nº 40, do 27 de febreiro), en cumprimento das previsións contidas nela e na sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de marzo de 1994 e da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de novembro de 1994 (DOG do 30), o tribunal, en sesión celebrada o día 20 de xaneiro de 1995,

ACORDA:

Primeiro.-Facer pública a relación dos aspirantes que superaron as probas do concurso de méritos identificado, pola orde de puntuación obtida por cada un deles.

Para tal efecto a relación de aspirantes e as puntuacións obtidas por todos eles serán expostas nos taboleiros de anuncios da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública de Ourense (Avda. da Habana, nº 79, 2º), na sede da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela) como complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar), por un prazo de un mes.

Segundo.-Elevar todo o actuado ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública para a súa ulterior e definitiva resolución.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes a partir do día seguinte ó da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Eduardo Lamas Sánchez

Presidente do tribunal