Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1995, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convoca concurso público para a contratación da subministración e instalación dun centro reemisor para a TVG en Muxía (A Coruña).

Obxecto e orzamento: subministración e instalación dun centro reemisor para a TVG en Muxía (A Coruña), cun orzamento de licitación de 10.506.464, IVE incluído.

Prazo de execución: tres meses.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en

Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo, Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación, equivalente a 210,129 pesetas, que será instrumentada en calquera das formas establecidas no artigo 340 do Regulamento xeral de contratación.

Presentación de proposicións: as ofertas sera presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificio central de San Caetano (Santiago de Compostela), ata as 14 horas do día 12 de maio de 1995, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en plazo hábil terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Comunicación, planta baixa do edificio nº 5 de San Caetano, a partir das 12 horas do día 16 de maio de 1995.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1995.

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA