Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995 pola que se autoriza a delegación de atribucións do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo no director xeral do organismo.

O volume de actividade administrativa que desenvolve o Instituto Galego da Vivenda e Solo aconsella,

por principios de economía e eficacia, o desenvolvemento das posibilidades que, en materia de delegación de atribucións, contén a Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, co obxecto de que o director xeral de dito organismo autónomo de carácter comercial, adscrito a esta consellería, poida asumir coa maior amplitude, por delegación do presidente do instituto, as facultades que a este lle corresponden como órgano de contratación daquel.

Na súa virtude, visto o disposto no artigo 36.2º da Le¡ 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e para os efectos do disposto no artigo 390 do Regulamento xeral de contratación,

RESOLVO:

Autoriza-la delegación da facultade de celebrar contratos, atribuída pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e normativa de desenvolvemento ó seu presidente, no director xeral do organismo, na extensión e cos requisitos que se deriven do correspondente acordo.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda