Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.992

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de axencias marítimas e aduaneiras.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de axencias marítimas e aduaneiras (código: 1501615), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-3-1995, subscrito en representación da parte económica por Proamar, e Ascofer, e, da parte social, Unión Xeral Traballadores e Comisións Obreiras, de conformidade co disposto do xa citado corpo legal, artigo 90.2º e 31 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación á económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de axencias marítimas e aduaneiras da provincia da Coruña

Capítulo 1

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas de axencias de aduanas, consignatarios de buques, estibadores de carga e descarga e comisionistas de tránsito, establecidas na provincia da Coruña ou que desenvolvan as súas actividades nela, e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus ser

vicios por conta dalgunha das empresas comprendidas nel, calquera que sexa a categoría profesional que ostenten.

Así mesmo, quedarán incluídos aqueles que, sen pertenceren ó cadro de persoal das empresas en cuestión no momento de se aproba-lo convenio, comecen presta-los, seus servicios durante a vixencia deste.

Artigo 3º.-Entrada en vigor e duración.

Este convenio entrará en vigor, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1994 ata o 31 de decembro de 1994, agás no relativo ás condicións económicas, que se aplicarán a partir do día primeiro de marzo de 1995 ata a entrada en vigor dun novo convenio colectivo.

Calquera das partes poderá formular denuncia do presente convenio colectivo, propoñendo revisión ou rescisión dentro dos tres meses seguintes ó da súa publicación no BOP ou, en caso de prórroga, dentro dos tres últimos meses respecto da data de expiración do período de vixencia de calquera das prórrogas.

Artigo 4º

Os incrementos pactados neste convenio colectivo non sufrirán actualización ningunha durante a vixencia del en razón do IPC ó 31 de decembro de 1994. Xa que logo, os salarios establecidos no presente convenio non serán sometidos a ningunha revisión.

Artigo 5º.-Garantía "ad personam".

Respectaranse as situacións persoais que, por calquera clase de concepto e no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente "ad personam". En todo o demais, as condicións desfrutadas polos traballadores entenderanse unificadas polas normas deste convenio.

Artigo 6º.-Absorción.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algúns dos conceptos retibutivos existentes ou por creación doutros novos unicamente terán eficacia práctica se globalmente considerados e sumados ós vixentes con anterioridade ó convenio superan o nivel total deste. En caso contrario, considéranse absorbidos polas melloras pactadas neste convenio.

Capítulo II

Réxime laboral

Artigo 7º-Clasificación profesional.

a) Persoal técnico.-Ademais do persoal técnico habitualmente considerado como tal nas actividades afectadas polo presente convenio colectivo, quedan incluídos neste grupo os profesores mercantís e graduados sociais, sempre que sexan contratados polas empresas para prestar servicios propios da súa profesión. Para efectos salariais serán equiparados a xefes de negociado e oficiais, segundo que realicen xornada completa ou misión simplemente de asesores.

b) Persoal de oficios varios.-Considerarase persoal de oficios varios aqueles que, como mecánicos, elec

tricistas, carpinteiros, etc., realicen traballos propios do seu oficio nas empresas incluídas neste convenio. O dito persoal será clasificado de conformidade cos criterios que veñen rexendo para cada especialidade nas actividades afectadas polo presente convenio. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, os conductores de camións, guindastres e pas elevadoras autopropulsadas serán oficiais de primeira se executan toda clase de reparacións que non esixan elemento de taller, nos demais casos, serán, como mínimo, oficiais.

Artigo 8º.-Ascensos.

Para o obxecto de lles da-la suficiente mobilidade ás escalas, os auxiliares administrativos maiores de 23 anos e con cinco anos de servicios efectivos na empresa como empregados administrativos ascenderán automaticamente a oficiais, coa obriga de seguir a desempeña-las mesmas funcións en tanto non existan vacantes na súa nova categoría.

Os oficiais administrativos pasarán a xefes de negociado ós dez anos de servicio na mesma categoría, de acordo cos cadros de persoal establecidos en cada empresa; de non haber vacante, manteranse na mesma categoría, percibindo, como compensación, o 75% das diferencias entre as categorías de oficial e xefe de negociado.

O presente artigo só será aplicable ós traballadores que se encontraban en activo na empresa o día 31 de decembro de 1990.

Artigo 9º

Acéptase como principio regulador das relacións entre empresa e traballador que, a igual traballo, sen distincións de sexo, debe corresponder igual retribución, respectando sempre os dereitos que impliquen antigüidade.

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, de luns a venres, para tódolos traballadores.

Xornada de verán-O persoal titulado e administrativo terá unha xornada continuada de sete horas diarias desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, ambos incluídos.

O cómputo anual será de 1.826 horas e 27 minutos.

As partes, comprométense a estudiar durante as negociacións para o convenio colectivo para o ano 1995 a flexibilidade de xornada para o persoal do porto.

Artigo 11º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar terá dereito, unha vez cumprido este, a se reincorporar ó seu posto de traballo. Non terá dereito a percibir da empresa, durante este período, cantidade económica de ningún tipo.

Réxime económico

Artigo 12º

As táboas salariais aplicables a partir do 1 de marzo de 1995 son as que figuran no anexo I.

Artigo 13º.-Premio de antigüidade.

O premio de antigüidade consistirá en trienio do cinco por cento de incremento sobre os salarios base aplicables en cada momento.

O dito premio non poderá supera-lo sesenta por cento do salario base.

Os traballadores que, á entrada en vigor do presente convenio, teñan unha porcentaxe de antigüidade superior conservarano como garantía "ad personam".

Artigo 14º.-Premio de idiomas.

A gratificación por este concepto será de 6.522 pesetas mensuais.

Artigo 15º.-Quebranto de moeda.

A indemnización por este concepto será de 6.522 pesetas mensuais.

Artigo 16º.-Apoderados.

Os traballadores, calquera que sexa a súa categoría, que realicen funcións de apoderado desfrutarán, sobre o soldo que lles corresponda, dunha gratificación de 6.522 pesetas mensuais.

-Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese, para compensa-los gastos de desprazamento do persoal ós centros de traballo, un plus de 17.121 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional correspondente por cada día laborable non traballado, sexa cal for a causa.

Artigo 18º.-Plus de asistencia ó traballo.

Establécese un plus de asistencia para o persoal, consistente en 6.522 pesetas mensuais, descontándose 296 pesetas por día laborable non traballado, a excepción do período de vacacións, que se percibirá íntegro, igual que durante a situación de ILT por enfermidade ou accidente.

Artigo 19º.-Salario hora profesional.

O salario hora profesional deixa de ter virtualidade para o cómputo do valor da hora extraordinaria, ó computarse, como inamovible para 1995, a regulación das horas extraordinarias, na forma seguinte:

a) Clasificación das horas extraordinarias: distinguiranse dous tipos de horas extraordinarias: tipo A e tipo B.

No porto da Coruña serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 22 horas e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

No porto de Ferrol serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 23 horas e as realizadas en sábados entre as 6 e as 14 horas.

Serán horas tipo B no porto da Coruña as realizadas entre as 22 e as 6 horas; as realizadas en sábados partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

Serán horas tipo B no porto de Ferrol as realizadas entre as 23.30 e as 6 horas; as realizadas en sábado

partir das 14 horas e as realizadas en domingos festivos.

b) Valor das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias tipo A, para oficiais de 1ª e manipulantes (servicios varios) terán un valor de 1.190 ptas. e de 1.060 ptas., para os peóns. O valor das horas extraordinarias tipo A para o resto das categorías tabularase en función do correspondente salario base.

As horas extraordinarias tipo B, para oficiais de 1ª e manipulantes (servicios varios) terán un valor de 2.200 pts. e de 1.500 pts., para os peóns. O valor das horas extraordinarias tipo B para o resto das categorías tabularase en función do correspondente salario base.

Artigo 20º-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, calculándose de acordo co salario do convenio máis antigüidade, e faranse efectivas na primcira quincena dos meses de marzo, xullo, outubro e decembro.

Exclusivamente en 1995 e por unha soa vez, os traballadores afectados polo presente convenio colectivo percibirán, antes do 1 de abril de 1995, unha gratificación consistente no importe dun 2,5% sobre tódolos conceptos retributivos devengados desde o 1 de xaneiro de 1994 ata o 28 de febreiro de 1995, ámbalas datas incluídas, computados ós valores das táboas do convenio colectivo para 1993. Esta gratificación cotizará á Seguridade Social sumada á retribución correspondente ó mes de marzo de 1995.

Artigo 21º-Compensación en caso de accidente.

En caso de accidente de traballo con incapacidade transitoria, as empresas coidarán que se aboe o complemento necesario ó salario asegurable para que, xuntamente coa prestación económica da entidade aseguradora, o traballador perciba o total da súa retribución desde o primeiro día, en que ocorreu o accidente, incluído.

Artigo 22º-Enfermidade.

En caso de enfermidade, os salarios que o traballador percibirá serán do 100 por cento, cobrando a diferencia existente entre a prestación que reciba o INSS pola dita enfermidade, tendo a facultade a empresa para revisar e facer recoñecer ó traballador por médicos ó seu servicio.

Artigo 23º.-Premio por xubilación.

O se xubilar un traballador con 20 anos de servicio na empresa, sempre que o faga ó cumpri-la idade de 65 anos, percibirá, como indemnización o importe de 12 mensualidades, consistentes en salario de convenio máis antigüidade.

Artigo 24º.-Horas extraordinarias estructurais.

De acordo co artigo terceiro da Orde do 1 de marzo de 1983, terán a consideración de horas extraordinarias estructurais, dentro do sector afectado polo presente convenio, as realizadas con motivo da adap

tación ós horarios do porto, onde, en ocasións, os buques traballan dúas ou tres xornadas continuadas, o que obriga ó persoal das empresas consignatarias, estibadoras e transitarias ó traballo intensivo, co obxecto de atende-los buques e as mercadorías que estes mobilizan nos distintos peiraos e almacéns. Así mesmo, consideraranse horas estructurais as realizadas por necesidade do servicio os sábados, domingos e festivos.

En todo o mencionado neste artigo haberá que aterse ó establecido no artigo 34.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 25.-Festa patronal.

Establécese o día da Virxe do Carme como festa patronal.

Artigo 26º.-Vacacións.

Os empregados, calquera que sexa o grupo ou categoría á que pertenzan, teñen dereito a unha vacación anual cunha duración que será de 30 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa.

As empresas establecerán, para cada centro de traballo ou dependencia, o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden atendidos e procurando acceder ós desexos daquel, tendo en conta, en todo caso o establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

Nas oficinas que conten cunha organización por seccións e cunha extensión de cadro de persoal que o pemita, farase un cadro por sección, sen prexuízo da coordinación que deba establecerse entre todos, de acordo co programa xeral da oficina.

A duración da vacación para o persoal que leve o servicio da empresa menos de un ano estará en proporción ó tempo de servicio; a fracción de mes considerarase como un mes completo.

Artigo 27º-Comisión paritaria.

Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio non BOP, constituirase unha comisión paritaria formada por tres empresarios e tres traballadores, como órgano de interpretación e vixilancia, para o seu máis eficaz cumprimento.

Esta comisión paritaria estará integrada polas seguintes persoas:

Representación social: Pedro García Flores, María Paz Martín Domínguez e Arturo Lourido Bruzos.

Representación empresarial: Juan Ibáñez Casco, Francisco Javier Santiáñez Orero e Santiago Pérez Torres.

Artigo 28º.-Garantías dos traballadores. Garantías sindicais.

Ningún traballador que estea representando ós traballadores, delegados de persoal, delegados de empresa, membros da comisión representativa ou outra representatividade encomendada poderá ser despedido durante un prazo de un ano, con posteridade ó cesamento da súa representación, agás

falta susceptible de ser sancionada con despido, suficientemente probada e logo de incoación de expediente.

Os delegados dos traballadores, así como os membros da comisión representativa, disporán do tempo

libre necesario dentro do horario laboral para asistir a cantas reunións e asembleas se coiden necesarias, establecéndose un máximo segundo o establecido no Estatuto dos traballadores (Lei 8/1980 do 10 de marzo), aboado pola empresa.