Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 1995 Páx. 2.986

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do l0 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sertosa (San Cibrao).

Visto o texto do convenio colectivo para empresa Sertosa (San Cibrao), código 2700701, da provincia de Lugo, asinado o 22 de febreiro de 1995, pola representación da citada empresa e dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do, 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de marzo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Pola empresa:

José Almagro Berlanga.

Ricardo Lorenzo Vilbazo.

Polos traballadores:

Agustín Bellas Vázquez.

José Luis Lado Martínez.

Asesor CIG.

En San Cibrao o 22 de febreiro de 1995, a comisión negociadora do convenio colectivo do persoal de Sertosa con base nos remolcadores de San Cibrao reclaman o seguinte:

Solicitar ante a autoridade laboral competente, logo de presentación da documentación correspondente, o rexistro e publicación do convenio colectivo da base de San Cibrao.

O domicilio para efectos de notificación é o de Cantón Grande, nº 16-17/7º A, A Coruña,

San Cibrao, 22 de febreiro de 1995.

Pola empresaPolos traballadores

RubricadoRubricado

Convenio colectivo da empresa

de ámbito local que regula as condicións

de traballo na actividade de tráfico interior

do porto de Alúmina-Aluminio-San Cibrao.

Artigo 1º-Ámbito territorial.

Territorialmente, o presente convenio afecta ós remolcadores de Sertosa con base no porto de Alúmina-Aluminio en San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio regula as relacións laborais entre os traballadores de Sertosa con excepción do persoal administrativo, de inspección e patróns.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Esta convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995 e a súa vixencia acabará o 31-12-1998.

Acabada a súa vixencia entenderase denunciado polas partes, segundo establece a lei. O delegado de persoal comprométese a presentar á empresa un anteproxecto do novo convenio antes do 31 de decembro de 1998 e as negociacións iniciaranse antes do 15 de xaneiro de 1999.

Os incrementos económicos en cada ano será os correspondentes os IPC seguintes: para 1995 o IPC que resulte o 31-12-1994; para 1996 o IPC previsto para 1996; para 1997 o IPC que resulte o 31-12-1996; para 1998 o IPC previsto para 1998.

Artigo 4º.-Cláusula de compensación e absorción.

O total das condicións salariais pactadas neste convenio absorberá e compensará, en cómputo anual, calquera mellora parcial que por disposición legal de carácter xeral ou especifica para o sector, pactada

ou por calquera orixe que fora, no futuro puidera establecerse.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, a publicación e entrada en vigor de calquera disposición de carácter xeral ou específica para o sector, que mellorara calquera dos temas pactados non salariais, terá que ser de aplicación no seu contido e regulación sobre o establecido no presente convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral, facendo uso das súas facultades, non dese a súa aprobación a algún dos pactos do presente convenio, este quedaría sen efecto, téndose que proceder á reconsideración do seu articulado.

Artigo 6º.-Cláusula de interpretación.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase unha comisión composta por dous representantes de cada unha das partes negociadoras.

A parte social estará composta por un representante da Confederación Intersindical Galega e polo delegado de persoal. Esta comisión reunirase nun prazo máximo de 15 días a requirimento dunha das partes.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría.

No caso de desacordo na comisión recorrerase á xurisdicción competente.

Artigo 7º-Tripulacións e cadro de persoal.

Os remolcadores con base no porto de San Cibrao serán tripulados por tres homes para os servicios de remolques do porto e baía, empuxe, atraque e desatraque de buques, e compoñeranse de: 1 patrón maior de cabotaxe, 1 mecánico naval maior e 1 mecamar.

Os equipos Sertoganch serán manexadas polo mecánico naval maior. Aínda que o cadro de persoal actual é de 15 tripulantes (4 P.M.C, 4 M.N.M., e 7 mecamares), organizándose o traballo segundo as tripulacións fixadas no punto anterior, nun futuro quedarán 12 tripulantes (4 P.M.C, 4 M.N.M e 4 mecamares). Neste sentido a empresa comprométese a non practicar ningún despedimento que teña por causa a reducción das tripulacións, nin traslado no pactado co afectado, reservando para si non obstante, a empresa os dereitos para os despedimentos disciplinarios segundo lei.

Artigo 8º.-Permutas.

Os tripulantes pertecentes a unha mesma empresa poderán solicitar permuta nos seus respectivos postos, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que desempeñen cargos ou funcións da mesma categoría e especialidade.

b) Que reúnan ambos a aptitude necesaria para o novo destino, pero non tan só desde o punto de vista da súa competencia profesional, senón tamén en razón doutras circunstancias que a empresa poida apreciar.

e) Que se fundamente un motivo xustificado.

d) Que ningún dos permutantes fora sancionado coa perda deste dereito.

Será facultade privativa da empresa acceder ou non ás peticións de permutas, e a resolución que adopte notificarse ós interesados dentro dos 30 días seguintes ó recibo da petición.

De consumarse a permuta, o persoal afectado aceptará as modificacións que nas súas remuneracións poidan producirse.

Artigo 9º.-Traballos diferentes ós da súa categoría.

Non se lle ordenará a ningún traballador a realización de traballos diferentes ós da súa categoría profesional, excepto nos casos nos que a xuízo do empresario: para garanti-la organización do traballo e as tripulacións, a seguridade da navegación e o salvamento de buques, tamén a xuízo do capitán ou patrón polos motivos antes citados.

Artigo 10º.-Traballos de categoría superior.

Todo o persoal destinado a traballos de categoría superior percibirá os abonos que correspondan á mesma. Este cambio de categoría non poderá ser dunha duración superior a 3 meses ininterrumpidos, debendo, o interesado, ó cabo deste tempo, reintegrarse ó seu antigo posto.

No suposto de que o traballo de categoría superior a realizar esixira un período de tempo maior que o sinalado, proverase definitivamente do cargo superior do acordo co disposto na O.T.E.T.I.P.

O disposto no parágrafo anterior non é aplicable, nos casos de substitución por servicio militar, enfermidade ou accidente de traballo ou outros análogos, nos que a substitución poderá comprender todo o tempo que duren as circunstancias que motivaron o cambio.

Artigo 11º.-Traballos especiais.

Teñen a consideración de traballos especiais todos aqueles que non sexan de conducción e de mantemento. Teñen tal consideración os seguintes:

-Secado e pintado de cadenas (completo).

-Secado e pintado de tanques de laste.

-Encalichado de tanques.

-Picado e pintado de sentinas de máquinas.

-Limpeza do cárter do motor principal.

Pola realización destes traballos establécese unha compensación económica segundo o anexo nº III.

Artigo 12º.-Seguridade e hixiene a bordo.

Co obxecto de coincidir coa normativa, en canto a seguridade e hixiene no traballo se refire, elaborada pola OIT e ratificada polo Estado español, será observada pola empresa, formándose un comité de seguridade e hixiene, composto por dous representantes da empresa (un dos cales será un patrón), e polos traballadores (un mecánico e un mecamar).

Este comité elaborará o seu propio regulamento e velará polo seu cumprimento.

Cando exista risco grave de accidente de traballo, este comité poderá propor ó capitán, patrón ou persoa responsable, a adopción de medidas para evitalo, debendo figurar a proposta no diario de navegación do buque. A empresa comprométese a realiza-las xestións necesarias para a construcción dun porto de atraque, así como informar da marcha das mesmas ó delegado de persoal e ós representantes do comité de seguridade e hixiene. A empresa comprométese a mellora-las condicións de traballo e seguridade nas manobras de popa con grandes barcos.

Artigo 13º.-Local de vestiarios.

Non será necesario un local de vestiarios xa que os remolcadores están debidamente acondicionados para iso.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a licencia retribuída nos seguintes casos:

a) Por contraer matrimonio: 16 días naturais.

b) Parto da esposa, enfermidade grave ou morte do cónxuxe, por enfermidade grave de fillos ou pais: 3 días naturais.

No caso de desprazamento sería 5 días naturais.

c) Por morte de fillos, pais, pais políticos, netos, avós ou irmáns: 3 días naturais.

d) Por matrimonio de fillos ou, irmáns: 1 día natural.

e) Polo tempo necesario por ter sido citado a xuízo, como testemuña, como parte demandante ou demandada.

f) Por morte de tíos, sobriños, cuñados e avós políticos: 1 día natural.

Os traballadores comprométense a supli-las ausencias que por dereito poidan pertencer ó traballador, devendando retribución extraordinaria o traballador que faga a substitución a requerimento da empresa; nos demais casos non se devengará cantidade ningunha.

Enténdese como traballos extras en tempo libre aqueles traballos feitos a solicitude da empresa cando o traballador se atope libre, así como os de retén, despois das 12 horas, sempre que non sexan para manobra ou forza maior.

-Para suplir a un compañeiro: salario hora (táboas salariais).

-Para facer traballos: horas extras (segundo tabóas salariais).

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Debido a ter que distinguir entré o traballo efectivo e as horas de presencia por permanencia a bordo, expectativas, servicios de garda, avarías, etc.., ámbalas partes de mutuo acordo conveñen en que, debido ás especiais circunstancias do traballo a bordo dos

remolcadores da base de San Cibrao, a xornada de traballo nos tres remolcadores será a que a continuación se describe e queda resumida no cadro de traballo adxunto (anexo nº I) que se confeccionou a petición do persoal para evitarlle maiores gastos en desprazamento:

a) Garda-retén-libre-libre, no período non vacacional.

b) Garda-retén-libre, no período vacacional, sen devengo de máis retribucións.

Garda: efectuarase no primeiro remolcador desde as 8horas dun día ata as 8 do día seguinte.

Retén: efectuarase desde as 8 horas ata as 8 horas do día seguinte. Desde as 8 horas ata as 12 horas efectuarase o mantemento, de luns a venres, no remolcador que dispoña a empresa. Este traballo de mantemento non se efectuará os sábados, domingos, días festivos e en época vacacional. Das 12 horas en diante o persoal estará perfectamente localizable.

Durante o primeiro día libre en época non vacacional e o día libre en vacacional o persoal atenderá os servicios que xurdan para o terceiro remolcador, polo que percibirán os seguintes emolumentos:

-138.256 ptas./mes para os 4 mecánicos (34.564 ptas./mes por mecánico).

-122.657 ptas./mes para os 7 mecamares (17.522 ptas./mes por mecamar).

Estas cantidades globais están calculadas en base a 7±1 manobras mes en cómputo anual e dunha duración aproximada de 3 ± 1 horas.

Artigo 16.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ó ano. O período de desfrute será entre os meses de xuño a setembro (ambos inclusive). Os traballadores están obrigados á realización dos traballos derivados da substitución por vacacións do resto dos traballadores sen devengo de máis retribucións.

Artigo 17º.-Axudas por fillos minusválidos, físicos ou psíquicos.

Os traballadores con fillos minusválidos percibirán a cantidade de 6.215 ptas./mes por cada fillo minusválido.

Artigo 18.-Exercicio do cargo sindical.

A designación para un cargo sindical faculta o seu titular a exerleer libremente en tanto dure o seu mandato.

Artigo 19.-Lugar de reunión.

O lugar de reunión, será o centro de traballo, ou sexa, calquera dos tres remolcadores que compoñen a flota.

Artigo 20º.-Reserva de horas para asuntos sindicais.

O representante sindical dispoñerá dunha reserva de horas, segundo a lei, das que poderá facer uso

nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos e, en xeral, a calquera clase de xunta que fora convocada pola súa central sindical.

b) Participación en seminarios, cursos de actividades de carácter formativo pola central sindical á que pertezan.

c) Actos de xestión que teña que facer por encargo da súa central sindical ou por razóns das súas obrigas específicas.

Se na empresa houbera máis de un delegado, no se poderán acumularlor as de reserva doutros delegados.

Non se incluirá no cómputo de horas o tempo empregado en actuacións ou reunións levadas a cabo por iniciativa do empresario, a participación en órganos de colaboración convenios ou otros semellantes.

Artigo 21º.-Dereitos e funcións dos delegados de persoal.

A) Cando o delegado de persoal actúe en representación dos traballadores considerando que se atopa en comisión de servicio, percibirá as axudas de custos establecidas no salario como se estivese traballando, por ter que negociar convenios ou calquera outro motivo que afecte ós traballadores e a empresa conxuntamente.

B) Ningún delegado de persoal poderá ser trasladado do seu centro de traballo excepto ós remolcadores que teñan a súa base no porto de Alúmina-Aluminio, San Cibrao.

C) Asegura-lo compromiso de normas laborais, seguridade e hixiene.

D) Exercerá o control sobre as horas extraordinarias solicitadas pola empresa, así como a distribución equitativa das mesmas.

E) Viaxiará que se cumpran os períodos de embarque e vacacións previstos.

F) Respecto á utilización dos servicios da empresa, tales como máquinas de escribir, teléfono, etc.... serán cargo da empresa sempre,que a súa-utilización afecte a dúas partes. Cando sexan exclusivamente de carácter sindical, será a cargo dos traballadores.

G) Ser informado de cantas medidas afecten directamente ós traballadores especialmente as que puideran adoptar sobre:

-Reestructuración de novos sistemas de traballo ou incentivos.

-Novas construccións ou vendas das actuais.

H) As medidas disciplinarias a impor pola empresa ou polos seus representantes a calquera traballador, se se estimansen moi graves, terán que ser postas en coñecemento do delegado de persoal, que, por escrito, terá que emitir a súa opinión dentro das 48 horas seguintes á comunicación da empresa o propio delegado.

I) A empresa facilitará información sobre a situación e marcha da empresa.

J) Propor á empresa cantas medidas considere acertadas en materia de organización da producción ou melloras técnicas.

Artigo 22º.-Dereitos de asemblea.

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de xuntanza logo de aviso á empresa con dous días de antelación, acordando con esta as medidas oportunas para que a citada reunión non interrompa o traballo.

Artigo 23º.-Saídas o mar.

Considéranse saídas o mar as navegacións fóra dos límites do tráfico interior dos portos; as remuneracións polo dito concepto serán as seguintes:

Para salvamentos, auxilios e remolques do mar ó porto, redactouse un documento específico que regula os compromisos e retribucións concretas para estes servicios especiais, así como a distribución do premio entre a tripulación. Este documento ten vixencia indefinida e non entra neste convenio.

No caso de remolques contratados de porto a porto o persoal interveniente (7 tripulantes), devengará os seguintes emolumentos:

a) O 5% do valor total que cobre a empresa, que se repartirá de acordo coa puntuación establecida nos salvamenteos.

b) Tamén se percibirá, en concepto de saídas o mar, o aboamento de pesetas, segundo anexo nº II por día navegado, sendo reducido á metade cando a navegacion sexa menor de 12 horas.

O persoal que quede no porto e efectue os servicios que xurdan, devengará unha retribución equivalente a 8 horas de presencia, no seu día libre, por cubri-las ausencias por estas saídas ó mar.

Enténdese, polo tanto, que cando se sae ó mar só quedan no porto dúas gardas na situación garda-libre.

Artigo 24º.-Viaxes e axudas de custos.

Os gastos das viaxes serán por conta da empresa, de acordo co disposto na O.T.E.T.I.P.

Artigo 25º.-Manutención.

As cantidades por tal concepto serán as que figuran na táboa salarial, segundo anexo nº II, por mes.

Artigo 26º.-Pagas extras.

As pagas extras serán dúas ó ano, sendo feitas efectivas nos meses de xullo e decembro, e consistirán no salario base máis a antigüidade, segundo se especifica no anexo nº II.

Artigo 27º-Perda de equipaxe.

No caso de perda de equipaxe por naufraxio, incendio ou calquera causa non imputable ó perxudicado, e que supoña perda total, a empresa aboará como compensación a cantidade de 61.172 ptas. no porto, e se é na saída ó mar 152.930 ptas., tamén se reflicten no anexo nº III.

Artigo 28º.-Seguro de vida e accidente.

Establécese un seguro colectivo de vida por falecemento e invalidez profesional por calquera causa, por importe de tres millóns de pesetas. Tamén se reflicten no anexo nº III.

Artigo 29º.-Plan de rexuvenecemento do cadro de persoal.

A xubilación é forzosa cando o tripulante mediante a aplicación do correspondente coeficiente reductor, alcance o dereito ó 100% da pensión de xubilación.

A indemnización a recibir, sempre que se teña máis de 15 anos de antigüidade na empresa é de:

Titulados: 2 millóns de pesetas.

Subalternos: 1,5 millóns de pesetas.

Artigo 30-º.-Baixa médica por enfermidade ou accidente.

No caso de baixa por enfermidade, calquera que sexa a causa da que se derive e durante o tempo que persista, a empresa aboará ós seus traballadores enfermos unha compensación complementaria ate o 100% do salario real, que será aboado a partir do 5º día.

Se é por accidente de traballo, percibirá unha compensación complementaria ata o 100% do salario real e aboarase desde o primeiro día.

Os traballadores comprométense a cubri-las baixas médicas que non superen os dous meses de duración, excepto para os mecánicos, no caso de que coincidan 2 deles na mesma situación de baixa médica ou 1 no período vacacional. Os traballadores, cando substitúan o enfermo, percibirán por cada día de substitución a cantidade resultante de dividir entre 30 a suma do salario base máis o concepto percibido por horas de presencia. Estas substitucións efectuaranse cando sexa necesario e a xuízo da empresa, como ata agora se vén a facer. O aquí establecido para os mecánicos será aplicable ós mecamares cando queden catro no cadro de persoal desta base.

Artigo 31º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade será do 3% sobre o salario base por cada 3 anos de servicio na empresa.

Artigo 32º.-Plus de vacacións.

Establécese unha axuda de 30.586 ptas., que se aboará dunha soa vez coincidindo co comenzo das vacacións do traballador. Tamén se reflicten no anexo nº II.

Artígo 33º.-Aspectos legais.

En tódolos aspectos non regulados expresamente por este convenio aplicarase o previsto nas normas establecidas pola O.T.E.T.I.P., nas demais disposicións legais vixentes de aplicación e nos respectivos contratos.

San Cibrao, 13 de febreiro de 1995.

Pola empresaPolos traballadores

RubricadoRubricado

Observacións:

-Durante os meses non vacacionais o matentemento nos remolcadores 2º e/ou 3º segundo conveña e designe a empresa, será efectuado polo retén desde as 8 horas ás 12 horas de luns a venres. Non se efectuará este mantemento os sábados, domingos e festivos, nin durante as vacacións.

-Os servicios, que xurdan para o 2º rem, serán cubertos polo retén.

-Os servicios que xurdan para o 3º rem, serán cubertos pola garda que se atope no seu primeiro día libre no mes non vacacional, e no seu día libre no mes vacacional.

-O mantemento a efectuar o 1º rem, realizarase desde as 8 horas ás 13 horas e desde as 15 horas ás 18 horas de luns a venres. Os sábados o mantemento normal non se efectuará. As horas comprendidas entre as 13 horas e as 15 horas así como entre as 21 e 22 horas serán as necesarias para efectuar os dous xantares principais, estando estas horas suxeitas as necesidades dos servicios no porto.

-No caso de que no período comprendido entre as 13 e as 15 horas se efectuaran manobras, o horario

do xantar prorrogarase nesas dúas horas unha vez efectuadas as manobras.

-Os traballadores a efectos a este cadro de traballo prestarán os seus servicios en gardas de 24 horas de duración cada unha delas, establecéndose as 8 horas da mañá como hora de relevo de cada garda.

ANEXO II

Táboa salarial da empresa Sertosa para o seu centro

de traballo de Alúmina-Aluminio, San Cibrao para

1995

ANEXO III

Traballos especiais

-Secado e pintado de cadeas (completo) ..12.314 ptas.

-Secado e pintado de tanques de lastre...12.314 ptas.

-Encalichado de tanques12.314 ptas.

-Picado e pintado de sentinas de máquina.12.314 ptas.

-Limpeza do cárter do motor principal....12.314 ptas.

S.horaH. extraTrienios

Mecánico1.626 ptas.2.845 ptas.5.864 ptas.

Mecamar1.189 ptas.2.081 ptas.4.237 ptas.

-Pro fillo minusválido6.215 ptas/mes.

-Perda da equipaxe:

-No mar152.930 ptas./mes.

-No porto61.172 ptas./mes.

-Seguros:

-Morte de accidente3.000.000 de ptas.

-Invalidez permanente3.000.000 de ptas.

-Mote ou invalidez (c. común)..3.000.000 de ptas.