Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995 pola que se convoca un curso sobre tráfico e seguridade vial, dirixido ós membros do corpo da policía local de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre tráfico e seguridade vial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Coñece-las normas fundamentais sobre seguridade vial.

b) Coñecer con exactitude as funcións da policía local en materia de seguridade vial.

c) Clarifica-la actuación da policía local neste tema.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros do corpo da policía local de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán neste curso será de 60.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de xuño de 1995.

3. As instancias deberán enviárselle á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Ideas xerais sobre tráfico e seguridade vial.

b) A Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre tráfico.

c) Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo.

d) Regulamento xeral de circulación, Real decreto 13/1992, do 17 de xaneiro.

e) Normas de comportamento no tráfico.

Datas.

O curso celebrarase do 19 ó 23 de xuño de 1995. O horario será das 16 ás 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 12 de xuño de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade.

Certificado de participación e aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15%, do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que e poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Juan José Farinas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Academia Galega de Seguridade