Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.968

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se fai pública a proposta de relación de aspirantes que superaron as probas selectivas.

En sesión mantida o día 3 de abril de 1995 polo tribunal desigando para xulga-las probas selectivas de acceso ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de inspección pesqueira (grupo A), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), acordouse, de conformidade co disposto nas

bases II.2.4, II.2.5, III.14 e IV.1 da convocatoria, publica-la proposta dos aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas.

Do mesmo xeito, tal e como esixe a mencionada base IV.1 acordouse que o tribunal eleve a proposta ó director xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria, e que é a que figura no anexo que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

Samuel Juárez Casado

Presidente do tribunal

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Probas selectivas á Administración especial da Xunta de Galicia

Proposta de relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas

Corpo facultativo de inspección pesqueira.

Quenda: promoción interna.