Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.965

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (persoal de L.V. e R.B.U. de Vigo).

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (persoal de L.V. e R.B.U. de Vigo), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-2-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o día 24-1-1995. De conformidade co disposto no artigo 19 do texto do conveio colectivo, artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, catorce de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ACTA

En Vigo, 24 de xaneiro de 1995, ás 10.30 horas, reúnense o comité de empresa cos representantes dela, co obxecto de aproba-la táboa salarial aplicable ó persoal de L.V. e R.B.U. de Vigo, revisada segundo o estipulado no vixente convenio colectivo no seu artigo 19, e cifrada esta revisión nun incremento do 6,3% sobre a táboa vixente en 1994.

Ámbalas partes acordan asinar e darlle conformidade á táboa revisada e a súa posterior remisión á Consellería de Traballo, para efectos de rexistro. Así mesmo, asínanse os calendarios laborais para o ano 1995, que se exporá nos taboleiros de anuncios.

Igualmente, increméntanse na porcentaxe citada do 6,3% os diferentes, conceptos incluídos no vixente convenio e que teñen prevista unha revisión para o ano 1995 e que son os seguintes:

1. Artigo 18º.-Axudas de custos.

Axuda de custo completa: 6.562 ptas./día.

Media axuda de custo: 2.917 ptas./día.

2. Artigo 25º.-Póliza de accidentes.

2.a) En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.258.875 ptas.

3.b) En caso de invalidez absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.636.240 ptas.

3. Artigo 40º.-Créditos persoais.

Queda establecido para 1995 en: 6.102 ptas./mes.

4. Artigo 46º.-Créditos persoais.

Queda establecido para 1995 en: 4.545.388 ptas.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 11 horas e 30 minutos.