Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.963

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de marzo de 1995 pola que se nomean os membros do xurado do premio das letras e das artes de Galicia, convocado pola Orde do 2 de xaneiro de 1995.

Advertido erro no texto da referida Orde do 20 de marzo de 1995, publicada no DOG nº 61, do 28 de marzo, cómpre efectua-la oportuna rectificación:

Na páxina 2.328, artigo 1º, no apartado 2º. Vocais: parágrafo 3, onde di: «José Luis Iglesias Feijoo», debe dicir: «Luis Iglesias Feijoo».

No mesmo apartado parágrafo 6, onde di: «... Real Academia de Belas Artes Nª. Sra. do Rosario», debe dicir: «... Real Academia Galega de Belas Artes Nª. Sra. do Rosario».