Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.951

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 100/1995, do 31 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e urxente ocupación dos bens afectados polas obras OH.436.272, acondicionamento do regato Pontiñas ó seu paso por Lalín (primeira fase).

O 17 de xaneiro de 1995 o director xeral de Obras Públicas aprobou definitivamente o proxecto de acondicionamento do regato Pontiñas o seu paso por Lalín (primeira fase).

Os bens e dereitos nos que se concreta a decla

ración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 24/1987, do 29 de xaneiro, sobre asunción de competencias en materia de obras hidráulicas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación no proxecto das obras de acondicionamento do regato Pontiñas ó seu paso por Lalín (primeira fase).

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda