Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 1995 Páx. 2.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de abril de 1995 pola que se aproban as bases polas que se rexerán os premios de investigación Xunta de Galicia 1994, e se fai a súa convocatoria.

O apoio e fomento da investigación é unha función que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén exercendo baixo a firme convicción de que o investimento en recursos humanos favorece o benestar social e o desenvolvemento productivo.

Na perspectiva histórica, estes premios teñen o seu precedente máis claro no Decreto 175/1985, do 4 de xullo (DOG do 4 de setembro de 1985), polo que se creaban os premios Xunta de Galicia á Investigación e á Creación Cultural. Este decreto instituía o Premio Xunta de Galicia de Investigación, convocado anualmente desde entón, e sucesivamente, polas consellerías de Educación e Cultura, no primeiro momento, de Cultura e Deportes, despois, e Consellería de Cultura e Xuventude nos últimos anos.

A creación das universidades da Coruña e Vigo fixeron precisa a modificación parcial do artigo 4

do devandito Decreto 175/1985, do 4 de xullo, por medio do Decreto 233/1991, do 4 de xullo (DOG do 16 de xullo), que deu entrada a un representante de cada unha das tres universidades no xurado do Premio Xunta de Galicia de Investigación.

O Decreto 317/1990, do 31 de maio (DOG do 19 de xuño) estableceu a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asignando funcións entre os seus centros directivos. Segundo o artigo 12 c) do citado decreto correspóndelle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación a ordenación, a planificación e a execución das competencias en materia de fomento de investigación correspondentes á consellería, en relación coas que lle atribúe á Comunidade Autónoma, neste tema, o artigo 27.19º do Estatuto de autonomía.

Deste xeito, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procedeu a convocar nos anos 1993 e 1994 os premios Xunta de Galicia de Investigación correspondentes ós anos 1992 e 1993, respectivamente.

O Decreto 232/1994, do 14 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mantén no seu artigo 8.1º a competencia da Dirección Xeral de Universidades e Investigación respecto da ordenación, a planificación e a execución das competencias en materia de fomento de investigación correspondentes á consellería.

En consecuencia, como continuación das accións de anos anteriores e co fin de complementa-las convocatorias de accións de apoio e fomento da investigación que vén facendo tódolos anos a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, con outra que teña como base o recoñecemento do mérito nas persoas que se dedican ás tarefas investigadoras en Galicia, ou a súa divulgación.

Esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convoca-los premios de investigación Xunta de Galicia de 1994, de acordo coas correspondentes bases que se insiren, respectivamente, nos anexos I, II e III da presente orde.

Artigo 2º

Os premios que se convocan son os seguintes:

-Premio Xunta de Galicia 1994 a unha traxectoria investigadora pola súa contribución ó desenvolvemento científico na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).

-Premio Xunta de Galicia 1994 de promoción da investigación ó mellor artigo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editados na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo II).

-Premio Xunta de Galicia 1994 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro,

e realizado por investigadores galegos ou investigadores vencellados a centros de investigación galegos (anexo III).

Artigo 3º

O xurado que resolverá os anteditos premios Xunta de Galicia terá a seguinte composición:

Presidente:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

Vocais: os rectores das tres universidades de Galicia, ou persoas nas que deleguen.

-O último galardoado co Premio Xunta de Galicia de Investigación a unha traxectoria investigadora ou, no seu defecto, a persoa galardoada na convocatoria que o preceda.

-Tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da investigación en Galicia, nomeadas polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Secretario: un representante da Dirección Xeral de Universidades e Investigación que actuará con voz, pero sen voto.

Artigo 4º

Ningún membro do xurado poderá ser candidato ó premio. O xurado poderá solicita-lo asesoramento e face-las consultas que coide oportunas entre especialistas das distintas áreas de coñecemento tanto de dentro coma de fóra do ámbito territorial da nosa Comunidade Autónoma.

Artigo 5º

O libramento da contía destes premios farase con cargo á partida orzamentaria 07.05.431A.480.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Disposición adicional

Facúltase o director xeral de Universidades e Investigación para que dicte as disposicións oportunas cara ó adecuado desenvolvemento da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación.

ANEXO I

Premio Xunta de Galicia 1994 a un labor ou traxectoria investigadora.

Bases

Primeira.- Este premio Xunta de Calicia créase para salientar un labor ou traxectoria investigadora e ten por obxectivo recoñecer e recompensa-los méri

tos do labor ou traxectoria seleccionada pola súa contribución ó desenvolvemento da investigación galega ou da producción científica de Galicia.

Segunda.- Poderán ser candidatos ó premio as persoas físicas, coa condición de candidatura unipersoal ou colexiada, que desenvolvesen ou estean a desenvolve-la súa actividade investigadora en Galicia ou dentro dunha entidade radicada nela. O premio poderá concederse a título póstumo.

Terceira.- O premio está dotado con dous millóns (2.000.000) de pesetas. Será adxudicado a unha soa candidatura, ben sexa unipersoal ou colexiada.

Cuarta.- O premio é indivisible. Poderá ser declarado deserto. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.- A presentación de cada candidato, xa sexa candidato unipersoal ou colexiado, terá que ser realizada por calquera institución, organismo, asociación, sociedade científica, padroado ou fundación (con actividade recoñecida estatutariamente no eido da investigación ou do desenvolvemento tecnolóxico en Galicia). As solicitudes, no modelo oficial que se publica no anexo V á presente orde, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por cualquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes irán acompañadas de:

1. Memoria -que ten que incluír en todo caso currículum vitae documentado- na que se exporá a importancia e relevancia que a candidatura proposta tivo e ten no desenvolvemento científico de Galicia.

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 1995.

Sexta.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos cinco meses seguintes ó peche do prazo da presentación das candidaturas. Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Sétima.-A decisión do xurado darase a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Oitava.-O premio entregarase en acto público. O premiado, ou o seu representante debidamente acreditado con anterioridade ó acto, recibirá un diploma e o importe do premio, que lle será aboado mediante talón nominativo por valor da súa contía total.

Novena.-A documentación da candidatura premiada ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no pra

zo de 2 meses contados a partir do seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo procederase o seu arquivo.

ANEXO II

Premio Xunta de Galicia 1994 de promoción da investigación ó mellor artigo publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Bases.

Primeira.-Este premio créase para recompensa-lo traballo de divulgación sobre a investigación e/ou o desenvolvemento tecnolóxico, tanto no que se refire á súa historia, ó seu estado actual ou ás súas posibilidades futuras.

Segunda.-Poderán presentar traballos a este premio, unicamente baixo a condición de candidatura unipersoal, tódalas persoas físicas, sexan profesores, investigadores ou profesionais, sempre que desenvolvan a súa actividade en Galicia. En todo caso, entenderase que a candidatura unipersoal admite a autoría de artigos asinados por un ou, como máximo, dous investigadores.

Terceira-Concederase un premio dotado coa cantidade única de 500.000 (cincocentas mil) pesetas.

Cuarta.-O premio poderá ser outorgado de forma compartida a dous traballos presentados, ou deixarse deserto. De igual xeito, sempre ó xuízo do xurado, poderán concederse ata un máximo de tres mencións honoríficas. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.-Os artigos (excluiranse a reproducción de informes, entrevistas, reportaxes ou dossiers) enviados deberán estar publicados entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro do mesmo ano nalgún xornal, semanario, ou revista de información xeral editadas en Galicia. Os traballos que se presenten ó premio non poden ter sido premiados por convocatorias semellantes doutros organismos.

Sexta.-As solicitudes, no modelo oficial que se publica no anexo VI á presente orde, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (edificio de San Caetano, s/n, 15701 Santiago de Compostela), ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemenio administrativo común.

As solicitudes irán acompañadas de:

1. Un orixinal e cinco copias do artigo correspondente.

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII.

3. No caso de que o traballo estea asinado por dous autores e só un deles participe nesta convocatoria, este deberá presentar autorización para concursar, asinada polo outro autor.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 1995.

Sétima.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos cinco meses seguintes ó do peche do prazo de presentación dos traballos.

Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Oitava.-A decisión do xurado farase pública mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó primeiro autor asinante do traballo premiado.

Novena.-Os premios entregaranse en acto público. Os premiados, ou os seus representantes debidamente acreditados con anterioridade ó acto, recibirán un diploma e o importe do premio, que lles será aboado mediante talón nominativo por valor da contía total deste. No caso de que o artigo premiado corresponda a dous autores, expedirase o diploma por duplicado e o importe do premio repartirase entre os dous galardoados facéndolles entrega a cada un deles dun talón nominativo pola contía correspondente.

Décima.-A documentación das candidaturas premiadas ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no prazo de dous meses contados a partir do seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo procederase ó seu arquivo.

ANEXO III

Premio Xunta de Galicia 1994 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro, e realizado por investigadores galegos ou investigadores vencellados a centros de investigación galegos.

Bases:

Primeira.-Este premio créase para recompensa-lo labor do investigador a través dun traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro, e nel valorarase especialmente a capacidade para actualizar experiencias e coñecementos científicos de interese, para solucionar problemas actuais, e/ou para abrir novas vías de investigación nos seus ámbitos de traballo.

Segunda.-Poderán presentar traballos a este premio, unicamente baixo a condición de candidatura unipersoal, tódalas persoas físicas, sexan profesores, investigadores ou profesionais, sempre que desenvolvan a súa actividade en Galicia. En todo caso, entenderase que a candidatura unipersoal admite a autoría de artigos asinados por un ou, como máximo, dous investigadores.

Terceira.-Concederase un premio dotado coa cantidade única de 500.000 (cincocentas mil) pesetas ó mellor traballo seleccionado entre os que se presenten dentro de cada unha das áreas que se relacionan no anexo IV. Ningún traballo poderá presentarse como candidato ó premio por máis dunha área.

Cuarta.-O premio poderá ser outorgado de xeito compartido, en cada unha das áreas do anexo IV, a dous traballos presentados, ou deixarse deserto. De igual xeito, sempre ó xuízo do xurado, poderá concederse unha mención honorífica por cada unha das áreas indicadas no anexo IV. As decisións do xurado serán inapelables.

Quinta.-Os traballos enviados deberán estar publicados entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro do mesmo ano. Os traballos que se presenten ó premio non poden estar premiados en convocatorias semellantes doutros organismos.

Sexta.-As solicitudes, no modelo oficial que se publica no anexo VII, presentaranse, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (edificio de San Caetano, s/n, 15701 Santiago de Compostela), ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes irán acompañadas de:

1. Un orixinal e cinco copias do artigo correspondente. No caso de que se trate de artigos de revista, deberá consignarse expresamente o nome oficial da mesma e copia do índice no que apareceu o traballo no que conste a data concreta da publicación.

No caso de capítulo de libro, consignarase expresamente a referencia completa da obra (título, editorial, cidade e ano de edición), xunto cunha copia da portada, contraportada e índice completo do libro no que está publicado o traballo que se presenta ó premio.

2. Breve extracto do currículum do candidato segundo o modelo que se publica como anexo VIII.

3. No caso de que o traballo estea asinado por dous autores e só un deles participe neste convocatoria, este deberá xuntar autorización para concursar asinada polo outro autor.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xuño de 1995.

Sétima.-A decisión do xurado terá lugar dentro dos cinco meses seguintes ó do peche do prazo de presentación de traballos. Para os efectos do establecido no artigo 42.2º da Lei 30/1992, transcorrido aquel prazo sen que se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Oitava.-A decisión do xurado farase pública mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó primeiro autor asinante do traballo premiado.

Novena.-Os premios entregaranse en acto público. Os premiados, ou os seus representantes debidamente acreditados con anterioridade ó acto, recibirán un diploma e o importe do premio, que lles será aboado mediante talón nominativo por valor da súa contía total. No caso de que o artigo premiado corresponda a dous autores, expedirase o diploma por

duplicado e o importe do premio repartirase entre os galardoados facéndolles entrega a cada un deles dun talón nominativo pola contía correspondente.

Décima.-A documentación das candidaturas premiadas ó abeiro desta convocatoria será debidamente arquivada na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Universidades e Investigación). As candidaturas non premiadas poderán retira-la documentación presentada no prazo de dous meses contados a partir do seguinte a aquel no que se faga pública a decisión do xurado. Transcorrido este prazo arquivarase sen máis trámite.

ANEXO IV

Titulacións académicas por grandes áreas de coñecemento.

Para os efectos dos premios do anexo III, os traballos deberán identificarse, pola súa temática, dentro dunha das cinco áreas que se definen a continuación e que están integradas polos posibles estudios conducentes ós títulos oficiais que se detallan.

Tendo en conta o dito no apartado anterior, enténdese que a identificación de cada área polo tipo de estudios non predetermina necesariamente que o traballo que se presente a concurso dentro dunha área teña que estar escrito por unha ou máis persoas graduadas desa mesma área. As áreas, neste caso, só serven para clasifica-los traballos presentados.

CIENCIAS EXPERIMENTAIS

Licenciado en bioloxía.

Licenciado en bioquímica.

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias do mar.

Licenciado en física.

Licenciado en matemáticas.

Licenciado en química.

Licenciado en xeoloxía.

Diplomado en estatística.

Diplomado en óptica e optometría.

CIENCIAS DA SAÚDE

Licenciado en farmacia.

Licenciado en medicina.

Licenciado en odontoloxía.

Licenciado en veterinaria.

Diplomado en enfermería.

Diplomado en fisioterapia.

Diplomado en podoloxía.

Diplomado en terapia ocupacional.

CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

Licenciado en administración e dirección de empresas.

Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

Diplomado en ciencias empresariais.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Licenciado en comunicación audiovisual.

Licenciado en dereito.

Licenciado en economía.

Diplomado en educación social.

Diplomado en xestión e administración pública.

Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

Diplomado en logopedia.

Mestre:

-Especialidade de educación infantil.

-Especialidade de educación primaria.

-Especialidade de lingua estranxeira.

-Especialidade de educación física.

-Especialidade de educación musical.

-Especialidade de educación especial.

-Especialidade de audición e linguaxe.

Licenciado en pedagoxía.

Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

Licenciado en xornalismo.

Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en publicidade e relacións públicas.

Diplomado en relacións laborais.

Licenciado en socioloxía.

Diplomado en traballo social.

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

ENSINANZAS TÉCNICAS

Arquitecto.

Arquitecto técnico.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro técnico en aeromotores.

Enxeñeiro técnico en aeronavegación.

Enxeñeiro técnico en aeronaves.

Enxeñeiro técnico en aeroportos.

Enxeñeiro técnico en equipos e materiais aeroespaciais.

Enxeñeiro agrónomo.

Enxeñeiro técnico en explotacións agropecuarias.

Enxeñeiro técnico en hortofruticultura e xardinería.

Enxeñeiro técnico en industrias agrarias e alimentarias.

Enxeñeiro técnico en mecanización e construccións rurais.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos.

Enxeñeiro técnico en construccións civís.

Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en sistemas electrónicos.

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro técnico en electricidade.

Enxeñeiro técnico en mecánica.

Enxeñeiro técnico textil.

Enxeñeiro en informática.

Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

Enxeñeiro de minas.

Enxeñeiro técnico en explotacións de minas.

Enxeñeiro técnico en instalacións electro-mecánicas mineiras.

Enxeñeiro técnico en mineraloxía e metalurxia.

Enxeñeiro técnico en recursos enerxéticos, combustibles e explosivos.

Enxeñeiro técnico en sondaxes e prospeccións mineiras.

Enxeñeiro de montes.

Enxeñeiro técnico en explotacións forestais.

Enxeñeiro técnico en industrias forestais.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios de buque.

Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro en autómática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en electrónica industrial.

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro técnico en química industrial.

Enxeñeiro en telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en sistemas de telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en son e imaxe.

Enxeñeiro técnico en telemática.

Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en topografía.

Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

Diplomado en máquinas navais.

Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

Diplomado en navegación marítima.

Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Diplomado en radiolectrónica naval.

HUMANIDADES

Licenciado en belas artes.

Diplomado en biblioteconomía e documentación.

Licenciado en documentación (só de 2º ciclo).

Licenciado en filoloxía alemana.

Licenciado en filoloxía árabe.

Licenciado en filoloxía catalana

Licenciado en filoloxía clásica.

Licenciado en filoloxía eslava.

Licenciado en filoloxía francesa.

Licenciado en filoloxía galega.

Licenciado en filoloxía hebrea.

Licenciado en filoloxía hispánica.

Licenciado en filoloxía inglesa.

Licenciado en filoloxía italiana.

Licenciado en filoloxía portuguesa.

Licenciado en filoloxía románica.

Licenciado en filoloxía vasca.

Licenciado en filosofía.

Licenciado en xeografía.

Licenciado en historia.

Licenciado en historia da arte.

Licenciado en humanidades.

Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

Licenciado en traducción e interpretación.