Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na U.A. II do Peri Castro Castriño.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 14 de febreiro de 1995 o estudio de detalle na U.A. II do Peri II-03 Castro Castriño, sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O devandito acordo determina como área afectada pola suspensión de licencia de parcelación, edificación e demolición, a abranguida polo ámbito do estudio de detalle, coa seguinte delimitación:

Norte: rúa Tomás A. Alonso.

Sur: edificación 183 de Tomás A. Alonso.

Leste: rúa Tomás A. Alonso.

Oeste: U.A. nº 1 do Peri Castro Castriño.

A documentación atópase na oficina municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 2 de marzo de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde