Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

EXPOSICIÓN pública das bases e anuncio de licitación do concurso de mantemento das zonas axardinadas do municipio de Cambre.

A Corporación Municipal, na súa sesión do 30 de marzo do ano que andamos, aprobou o prego de condicións que deberá rexer no concurso para a contratación polo trámite de urxencia do mantemento das zonas axardiñadas do municipio de Cambre. Os devanditos pregos expóñense ó público por oito días para os efectos de reclamación.

Ó mesmo tempo, e de conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación no suposto de presentarse reclamacións.

Obxecto: consta no epígrafe I do anexo ó prego de condicións. Superficie aproximada: 28.876 m

Tipo de licitación: 700 ptas. m/ano máximo.

Duración do contrato: desde o día 1 de xuño de 1995 ata o día 31 de decembro de 1999.

Garantías: provisional, 400.000 ptas. Definitiva, 4% da adxudicación.

Proposición: presentaranse nas oficinas municipais de 9.30 a 13.30 horas, no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no Boletín Oficial del Estado.

Facilitarase no departamento de contratación o modelo de proposición que a seguir se transcribe e que se incluirá no sobre A.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con DNI nº..., con domicilio para efectos de notificación en..., teléfono..., actuando en nome propio (ou en nome e representación de..., con domicilio en... teléfono... con CIF nº...) participa no concurso que convoca o Concello de Cambre publicado no... para o mantemento das zonas axardinadas do municipio de Cambre e fai constar:

1. Que coñece e acepta o prego de condicións e se compromete a realiza-lo mantemento das zonas axardinadas do municipio de Cambre con suxeición ás referidas cláusulas, polo importe total que se sinala a seguir, IVE incluído... (en letra e en número).

O importe de mantemento por cada zona é o que se especifica:

1.

2.

3.

...Total... ptas.

2. Xunta documento xustificativo de que constituíu a fianza provisional.

3. Que coñece e acepta plenamente o prego de condicións deste concurso e cantas obrigas se derivan como licitante e adxudicatario, se é o caso.

O licitador/a

Asinado

No sobre B incluiranse os documentos sinalados na cláusula 9.3 do prego de condicións.

No sobre C incluiranse os documentos sinalados na cláusula 9.3 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: no salón de sesións da Casa do Concello ás 12 horas do día hábil seguinte á finalización do prazo para presentar proposicións.

No suposto de ser sábado, entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

Prego de condicións e expediente: están á disposición dos interesados no departamento de contratación.

Cambre, 4 de abril de 1995.

P.D.

Augusto Rey Moreno