Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación das obras de reforma no Hospital Novoa Santos de Ferrol (A Coruña).

Obra: reforma no Hospital Novoa Santos de Ferrol (A Coruña).

Orzamento de contrata: 33.718.210 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

Fianza definitiva: 1.348.728 ptas.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

P.D. (Decreto 199,16-06-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos