Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995 pola que se anuncia concurso público para o alleamento de parcelas, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no municipio de Lugo, segundo convenio do 8 de marzo de 1995.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público.

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se detallan, propiedade do IGVS, no municipio de Lugo, para o destino e a finalidade que se detalla.

Termo municipal: Lugo.

Clasificación urbanística: solo urbano.

Prezo: os prezos taxados das parcelas son os seguintes:

Prego de bases: o prego de bases que rexerá no concurso poderá ser examinado nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sito na Praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo, durante o prazo de presentación de ofertas, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Garantías: para a presentación de ofertas esíxese aval bancario por importe equivalente ó 10 por 100 do prezo da parcela á que se opte (IVE non incluído).

Destinatarios: poderán concorrer persoas físicas e/ou xurídicas, de acordo cos criterios que se establecen no artigo 4.2º do Decreto 301/1994, do 30 de setembro.

Presentación de proposicións: as ofertas presentaranse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. de luns a venres, de 9 a 14 horas.

O prazo de admisión de ofertas rematará ás 14 horas do día 9 de maio de 1995.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos no prego de bases.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas realizarase ás 18 horas, do día 10 de maio de 1995, nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

José A. Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo