Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.936

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral constituínte.

En cumprimento do disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 28 de marzo de 1995, acordou convocar asemblea xeral constituínte, que terá lugar o día 16 de maio, no salón de actos da entidade, sito en Avda. de Pontevedra, 7, planta 1ª, desta cidade, ás dezasete horas, en primeira convocatoria, e, de non reunirse o quorum necesario, en segunda convocatoria, no mesmo día, en igual lugar, media hora máis tarde.

A asemblea desenvolverase conforme a seguinte,

Orde do día

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Salutación ós conselleiros xerais.

3. Renovación conselleiros xerais.

4. Acordo sobre a aprobación da acta da sesión.

5. Elección dos vocais do Consello de Administración.

6. Elección dos membros da Comisión de Control.

Ourense, 28 de marzo de 1995.

David Ferrer Garrido

Presidente