Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa
ción pública a petición de instalación dunha elevación de L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 5 da L.M.T. Vilagarcía-Cambados derivación a C.T. San Pedro ata o apoio número 2 da mesma liña, concello de Vilanova de Arousa.
Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.
Características principipais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 103 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56 sobre apoios de formigón.
Orzamento: 457.681 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra