Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha elevación de L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 112 da L.M.T. actual ó C.T. de Figueirido ata o apoio 115 da mesma liña, concello de Vilaboa.
Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 164 m de lorixitude, con conductores tipo LA-110 sobre apoios metálicos.
Orzamento: 1.487.077 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 7 de marzo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra