Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 103/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dun desvío liñas de media e baixa tensión existentes que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: entre o p.k. 0+600 e 17+600 e o 0+738 e o 17+080 na vía rápida Pontevedra-Sanxenxo, concello de Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: liñas de media tensión aéreas, coas mesmas características que as existentes, e dicir, conductor LA-56 e LA-30 e apoios metálicos e de formigón. Redes de baixa tensión, aéreas, coas mesmas características que as existentes, é dicir, conductor tipo R.Z.

Orzamento: 26.591.027 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren

oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra