Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo sistema de poxa das obras que se citan (OH-LU-94.06).

Título do proxecto: OH-LU-94.06 abastecemento de auga a Recachiña, Pereirón, Outeiro, Eirexe, Fontegrande e Podence. Palas de Rei.

Orzamento: 12.208.441 ptas.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos de cada unha das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobre pechado ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativa particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 6 de abril de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo