Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 3 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos que se sinalan e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria (herdeiros de Pastora Sanjuán Otero e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedernento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan, e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os siñalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamentos establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2 ou o de reposición perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula.

Vigo, 3 de marzo de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA