Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo sistema de contratación directa das obras que se citan (OH-LU-94.07).

Título do proxecto: OH-LU-94.07 reparación e mellora da estación depuradora de augas residuais de Chantada.

Orzamento: 4.050.635 ptas.

Clasificación: sen clasificación.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos de cada unha das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla 131 (Lugo).

De acordo co establecido na vixente Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma e o Decreto 395/1990, do 14 de xuño, sobre contratación directa das obras, da Consellería de Economía e Facenda, o plazo de presentación das propostas no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, rematará ás doce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte día ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do décimo segundo día natural contado a partir do día da publicación do presente anuncio.

En caso de que algunha das datas antes indicadas cadren en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó inmediato posterior hábil.

O importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios das mencionadas obras.

Lugo, 6 de abril de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo