Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (437/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o trece de abril de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por S. Sª os presentes autos de separación número 437/1993, seguidos ante este xulgado a instancia do procurador Varela Tobío, en nome e representación de Ana María Gosende Rivas, contra José González Fraga, en situación procesual de rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Fallo que, estimando a demanda de separación entablada polo procurador Amado Varela Tobío, en nome e representación de Ana María Gosende Rivas contra o seu esposo José González Fraga, debo decretar e decreto a separación dos referidos esposos, coa adopción das medidas sinaladas no fundamento 3º, sen imposición das custas procesuais.

Notifíqueselle esta sentencia o demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía, José González Fraga, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado