Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (221/1987).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai público que no xuízo executivo número 221 de 1987, que se segue por instancia do Banco Pastor, S.A. contra Elisardo Pose Rodríguez, acordouse sacar a poxa pública, por primeira, segunda e terceira vez, se é o caso, e termo de vinte días, o predio embargado ó debedor, e que se describirá, coas advertencias e condicións seguintes:

Primeira.-Terán lugar na sala de audiencia deste xulgado, ás doce horas dos días 30 de maio, 23 de xuño e 19 de xullo, próximos, respectivamente.

Segunda-O tipo da primeira poxa é o da taxación, consistente en 3.351.000 pesetas; para a segunda coa rebaixa do 25 por cento, e a terceira sen suxeición a tipo; non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación e tipo establecidos, agás para a terceira.

Tercera-Os licitadores deberán consignar na conta de depósitos deste xulgado, aberta co número 1583 no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina principal desta cidade, unha cantidade igual polo menos ó 20% do prezo que serve de tipo para cada unha das poxas

ou do da segunda se se trata da terceira; e ata a celebración das respectivas poxas, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, acompañando sempre e en cada caso o xustificante do ingreso relativo á consignación mencionada, e só a parte actora poderá facer ofertas na calidade de llo ceder a un terceiro.

Cuarta-Non se supliu a falta de títulos de propiedade; e a certificación rexistral cos autos orixinais atópanse de manifesto na secretaría, e todo licitador acepta como bastante a titulación; as cargas anteriores e preferentes, se has houber, ó crédito da actora, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que todo rematante as acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Predio obxecto do embargo de poxa.

Predio ou soar sito en Agrocobo, no lugar de Pedrido, parroquia de Iria, concello de Padrón, que linda polo norte, Manuel Cruces Pérez e Rosa Danza Romero; sur, muro; leste, herdeiros de José Fabeiro e oeste, os de Ramón Cristobo. A superficie do soar é de 157 metros cadrados. Encol do dito predio hai edificada unha casa de planta baixa duns 80 metros cadrados, á cal lle é anexa polo leste un galpón.

Dado en Santiago de Compostela o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA