Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.925

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (442/1994).

José Manuel Seren Quintela, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, certifico que nos autos de xuízo de faltas número 442/1994, sobre danos, que se segue neste xulgado, se dictou a sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia 16/1995. En Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos

por Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas arriba indicados, seguidos entre partes; dunha e en representación da acción pública, o Ministerio Fiscal, e doutra como denunciante Ramón Vidal Alvite e Juan José Mallón Sande e como denunciado José Luis González González, coas demais circunstancias persoais que constan, por unha suposta falta de danos.

Decido que debo absolver e absolvo a José Luis González da falta da que viña sendo acusado e declaro as custas de oficio.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo do quinto día seguinte a aquel no que se practicase a última notificación de conformidade co artigo 976 reformado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de axuizamento criminal. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación de sentencia ó denunciado José Luis González González, expido e asino a presente cédula en Negreira o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

José Manuel Seren Quintela

Secretario

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA