Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 1995 Páx. 2.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (64/1991).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Santiago de Compostela, tres de febreiro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos por S.Sª. os presentes autos de executivo número 64/1991, seguidos perante este xulgado por instancia do Banco de Crédito Industrial, S.A., domiciliado na Carrera de San Jerónimo, 40 (Madrid), representado por Ricardo García Piccoli Atanes, contra Fernando Rodríguez Rodríguez, domiciliado en Lodeira, s/n (Lugo), María Cristina García Fernández, domiciliada en Lodeira, s/n (Lugo), Fernando Rodríguez Castelao, domiciliado en Lodeira, s/n (Lugo) e María Ángeles Casas Amor, domiciliada en Lodeira, s/n (Lugo), declarados en rebeldía, sobre reclamación de certa cantidade.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, na representación que ten acreditada de Banco de Crédito Industrial, S.A, debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Fernando Rodríguez Rodríguez, María Cristina García Fernández, Fernando Rodríguez Castelao e María Ángeles Casas Amor, ata facer remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da suma de 4.500.000 pesetas por principal debido á executante, 1.400.901 pesetas de xuros como capital e xuros xerados pola referida póliza, mailo xuro pactado desde a data de certificación do corredor de comercio e ata que se fixer efectivo pagamento do principal, condenando así mesmo o dito demandado ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron orzadas en 1.500.000 pesetas.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde, de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírteselles ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito perante este xulgado dentro do prazo de cinco días a contar desde a súa notificación e para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía Fernando Rodríguez Rodríguez, María de los Ángeles Casas Amor, Fernando Rodríguez Castelao e María Cristina García Femández, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado