Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun proxecto de urbanización na U.E. III-05 Pastora.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 3 de marzo de 1995 o proxecto de urbanización na U.E. III-05 Pastora, sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 7 de abril de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde