Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases da unidade de actuación número 17-B do PXOU.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 23-2-1995, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura Xunta de Compensación da Unidade de Actuación 17-B, presentados a esta Administración municipal pola sociedade Benisa Promociones, S.L., en virtude da súa subrogación na posición no procedemento da entidade Residencial Urbana, S.A., na súa condición de propietaria de máis do sesenta por cento da superficie dese ámbito espacial, desestimándose, de conformidade coas motivacións expostas, as reclamacións formuladas por Sebastián Ramírez Cortegoso e Peregrina Torres Fontán, en interese da comunidade hereditaria de Isolina García Palmás, opoñéndose á aprobación inicial do proxecto obxecto deste acto de aprobación definitiva.

Segundo.-Designar, como representante desta Administración, no órgano rector da xunta ó tenente de alcalde delegado, de Disciplina Urbanística, Ernesto Baltar Feijoo, oti quen no sucesivo asuma este cargo, cambio que se notificaría oportunamente á xunta.

Terceiro.-Publica-lo presente acto administrativo no Diario Oficial de Galicia, notificándose individualizadamente este acordo a tódolos propietarios afectados polo sistema de actuación.

Cuarto.-Requiri-los mencionados propietarios afectados que non solicitasen a súa incorporación á xunta para que así o efectúen, se o desexan, no prazo de un mes, contado desde a notificación, coa advertencia de expropiación prevista no artigo 158.1º do vixente texto refundido da Lei do solo, xa que os seus predios serán expropiados en favor da Xunta de Compensación que terá a condición xurídica de beneficiaria».

Recursos procedentes:

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 1 de marzo de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral