Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: as obras de urbanización do Campo da Festa.

Tipo de licitación: 67.361.068 pesetas (IVE incluído). Os ofertantes presentarán solucións técnicas que poidan mellora-lo proxecto aprobado pola comisión de goberno deste concello.

Prazo de execución: 4 meses contados a partir do seguinte ó de sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 6, categoría d. Grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Exposición do expediente e prego de condicións: no departamento de contratación tódolos días laborais, durante horario de oficina, agás sábados.

Fianzas: provisional, 1.459.256 ptas. Definitiva, 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con enderezo en..., DNI nº... expedido o... en plena posesión da súa capacidade de obrar, actuando en nome propio (ou en representación de ... ), toma parte no concurso para a execución das obras de urbanización do Campo da Festa, anunciada no BO nº... de data..., e para este efectos fai constar:

a) Ofrece o prezo de... ptas., que significa unha baixa de... ptas. sobre o tipo de licitación (consígnase o importe en número e letra).

b) Propón as seguintes melloras técnicas do proxecto.

b) Baixo a súa responabilidade declara non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade prevista nos artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais, 9 da Lei de contratos do Estado e 23 do regulamento da devandita lei.

c) Coñece e acepta expresamente o proxecto ou documentos que o substitúan ou complementen e o prego de condicións económico-administrativas.

..., ... de... de 199...

O licitador

Prazo e lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Narón, en horas de oficina durante o prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no BOE.

Apertura de propostas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado no apartado anterior. Se este coincidise en sábado, terá lugar o día hábil inmediatamente posterior.

Narón, 22 de marzo de 1995.

Xoán Gato Díaz

Alcalde