Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por resolución do Concello Pleno en sesión celebrada o día 3 de febreiro de 1995, aprobouse definitivamente a contratación mediante concurso das obras de construcción e a explotación do tanatorio municipal, en réxime de concesión.

Proxecto: os licitadores deberán presentar proxecto básico segundo o prego de condicións. O proxecto definitivo será redactado polo adxudicatario, dentro do prazo de un mes desde a formalización do contrato e sometido á aprobación polo Pleno do Concello.

Canon: o concursante ofrecerá na súa proposición, como canon anual que terá que aboarlle ó concello, unha determinada cantidade en forma global, que pode ser variable, exclusivamente, en función do tempo. O dito canon quedará modificado cando se produza a revisión das tarifas e de xeito proporcional ás variacións delas.

Duración da concesión: o prazo máximo de concesión será de 45 anos; o licitador poderá oferta-lo prazo que considere conveniente en función do disposto no prego de condicións.

Prazo de execución das obras: 15 meses.

Fianza provisional: 2.700.000 pesetas.

Fianza definitiva: 4 por 100 do orzamento de investimento.

Expediente: atópase de manifesto no Negociado de Contratación do Concello de Lugo, en horas de oficina.

Condicións: as condicións polas que se rexerá o contrato serán as contidas no proxecto de obras que deberá ser redactado polo adxudicatario da concesión, as contidas nos pregos de condicións e as do réxime de explotación, todo iso, unha vez que sexa aprobado definitivamente polo Concello Pleno.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Lugo no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte á inserción do anuncio da licitación no Boletín Oficial del Estado, poderán presentarse ofertas segundo o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: efectuaraa a Mesa de Contratación, ás 12 horas do décimo quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Gastos: tanto o importe dos anuncios, como os gastos de formalización de contrato, como todos aqueles que se deriven da concesión, serán por conta do contratista adxudicatario da obra.

Lugo, 10 de febreiro de 1995.

Visto e prace

O alcalde

O secretario

Rubricado