Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria do día 13 de xaneiro de 1995 o prego de condicións administrativas que rexerá o concurso da concesión administrativa do servicio do matadoiro municipal, en cumprimento do establecido no artigo 122.1º do RDL 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante o prazo de oito días, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase convocatoria pública para a contratación aínda que se suspenderá cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prego de cláusulas técnicas e económico admi

nistrativas que rexerá o concurso para a concesión da xestión do servicio do matadoiro nunicipal.

I. Obxecto da concesión.

1. A xestión do servicio do matadoiro municipal do Concello das Pontes, de conformidade co Regulamento do servicio do matadoiro municipal das Pontes.

II. Obras do concello que se entregan ó concesionario.

O concello adscribirá ó servicio, conservando a súa titularidade, e para o seu goce, entrega ó concesionario os seguintes bens: edificación formada por tres naves rectangulares adosadas cunha superficie total construída de 785,60 m, consistentes en:

a) Nave 1. Cortes (179 m), coa seguinte distribución interior:

-Tres cubículos de porcino.

-Tres establos para vacún.

-Establo para ovino.

-Peirao.

-Corredor e mangas.

b) Nave 2. Matadoiro e faenado (268,50 m):

Planta baixa.

-Zona de sacrificio de porcino.

-Zona de sacrificio de vacún.

-Zona de sacrificio de ovino.

Planta de semisoto.

-Tripería.

-Mondonguería.

-Local de coiros.

c) Nave 3. Reflixeración e oficinas.

-Oficina de control e pesaxe.

-Local de veterinario.

-Cámara de porcino.

-Cámara de despoxos vermellos.

-Cámara de despoxos brancos.

-Corredor de cámaras.

-Escaleiras.

-Montacargas.

-Sala de máquinas.

-Cámara de consigna.

-Cámara de vacún e ovino.

-Local de uso indefinido (futura ampliación).

-Zona de expedición.

-Corredor de servicio para oficinas.

-Oficina administrativa.

-Aseos e vestiario feminino.

-Vestíbulo.

-Aseos e vestiario masculino.

Así mesmo comprenderá as seguintes instalacións:

-Instalación eléctrica.

-Instalación de fontanería.

-Instalación de saneamento.

-Instalación frigorífica.

-Instalación auga quente.

-Instalación pneumática.

-Instalación de depuración de augas residuais.

-Maquinaria e útiles.

III. Prazo da concesión.

A concesión terá unha duración, de 10 anos máximo, contados a partir da data na que o licitador seleccionado reciba a notificación da adxudicación do contrato.

Consíderase sempre implícita na concesión a facultade de resolvela antes do seu vencemento, se o xustifican as circunstancias sobrevidas de interese público. Nestes supostos, o concesionario debe ser resarcido dos danos que se lle producisen.

IV. Situación do concello e concesionario durante o prazo de vixencia da concesión.

O concello é titular do servicio que presta de forma indirecta, ostentando este servicio, en todo momento, a cualificación de servicio público do concello e que ten atribuída a súa competencia, o que xustifica o control e a inspección do servicio en todo momento.

O concesionario durante o prazo de vixencia da concesión desenvolve a actividade na que o servicio público consiste, ó serlle transferida unha esfera de actuación orixinariamente administrativa, polo que aparece revestido de facultades para a xestión do servicio que se lle outorga salvando os dereitos de propiedade, e sen prexuízo de terceiros, pero con dereito á protección administrativa para presta-lo servicio e exerce-los poderes de policía delegados polo concello.

V. Tarifas que se percibirán do público.

As tarifas máxima e mínima que se percibirán dos usuarios, con descomposición dos seus factores constitutivos serán os seguintes:

-Custo de instalación.

-Custo de explotación.

-Beneficio industrial.

O procedemento para a súa revisión iniciarase a petición do concesionario, e logo de estudio da oportunidade e necesidade autorizaraa, se procede, o concello.

VI. Equilibrio financeiro.

En atención á natureza do servicio non se procederá a efectuar compensacións económicas

mediante subvencións ó concesionario, así coma tampouco o concello terá dereito a percibir do concesionario canon ningún, debendo efectua-la xestión o concesionario integramente con cargo ás tarifas.

VII. Dereitos e obrigas recíprocas do concesionario e concello.

7.1. Concesionario.

A) Dereitos.

1. Obte-los ingresos que correspondan de conformidade coas tarifas aprobadas percibidas polo uso e desfrute das instalacións do matadoiro.

2. Utiliza-los bens de dominio público necesarios para o servicio.

3. Solicitar da entidade local procedementos de expropiación forzosa, impugnación de servidumes e desafiuzamento administrativo para a adquisición do dominio, dereitos reais ou uso dos bens precisos para o funcionamento do servicio.

4. Revisa-las tarifas cando, aínda sen mediar mofificacións no servicio, circunstancias sobrevidas e imprevisibles determinaren, en calquera sentido, ruptura da economía da concesión.

5. A transmisión inter vivos dos dereitos da concesión, logo de autorización do Concello Pleno.

B) Obrigas.-Serán obrigas xerais do concesionario:

1. Presta-lo servicio, unha vez terminadas as obras, dentro dos trinta días seguintes, poñendo en funcionamento o local coas súas instalacións e servicios anexos, o cal funcionará con suxeición estricta ás normas regulamentarias, ós estudios económicos e administrativos que sobre réxime de utilización e tarifas que teñan que aplicarse, se acheguen ó proxecto técnico, así como ás disposicións que dicte a alcaldía en materia da súa competencia, dentro das atribucións que a vixente lexislación lle confire.

2. O servicio será prestado polo concesionario durante o prazo de duración da concesión, sendo da súa subministración de auga e enerxía eléctrica, recollida do lixo e rede de sumidoiros, coa contraprestación de percibir durante o citado prazo as tarifas dos usuarios.

3. A conservación das construccións e instalacións, así como o mantemento e perfecto estado de funcionamento, limpeza e hixiene do edificio ata que entregue o servicio ó concello con tódalas instalacións que lle sexan inherentes e necesarias para a súa prestación.

O concesionario subscribirá en favor do concello unha póliza de seguro a todo risco do edificio e as súas instalacións.

4. Admiti-lo goce do servicio a toda persoa que cumpra os requisitos dispostos regulamentariamente.

5. Indemnizar a terceiros dos danos que lles ocasionase o funcionamento do servicio, salvo se se producisen por actos realizados en cumprimento dunha cláusula imposta pola corporación con carácter ineludible.

6. Non allear bens afectos á concesión que tivesen que reverter ó concello concedente, nin gravalos, salvo autorización expresa da corporación, comprometéndose a deixalos libres e vacuos á disposición do concello, dentro do prazo establecido e de recoñece-la potestade deste para acordar e executar por si o lanzamento, se é o caso.

7.2. Concello.

A) Dereitos.

O concello ostentará, en prexuízo das que procedan, as potestades seguintes:

1. Ordenar discrecionalmente, como podería dispoñer se xestionase directamente o servicio, as modificacións na concesión que aconsellar o interese público e, entre outras:

a) A variación na calidade, cantidade, tempo, ou lugar das prestacións nas que o servicio consista e,

b) A alteración das tarifas a cargo do público e na forma de retribución do concesionario.

2. Fiscalizar a través do alcalde a xestión do concesionario; para este efecto poderá inspecciona-lo servicio, as súas obras, instalacións e locais e a documentación relacionada co obxecto da concesión, e dicta-las ordes para manter ou restablece-la debida prestación.

3. Asumir temporalmente a execución directa do servicio nos casos nos que non o prestase ou non o puidese presta-lo concesionario, por circunstancias imputables ou non a el.

4. Impoñer ó concesionario as correccións pertinentes por razóns das infraccións que cometese.

5. Rescata-la concesión.

6. Suprimi-lo servicio.

B) Obrigas.-O concello deberá:

1. Outorgar ó concesionario a protección adecuada para que poida presta-lo servicio debidamente.

2. Mante-lo equilibrio financeiro mediante a revisión das tarifas, aínda sen mediar modificacións no servicio, cando circunstancias sobrevidas e imprevisibles determinasen a ruptura da economía da concesión.

3. Indemniza-lo concesionario polos danos e perdas que lle ocasionase a asunción directa da xestión do servicio, se esta se producise por motivos de interese público independentes de culpa do concesionario.

4. Indemniza-lo concesionario polo rescate da concesión ou, en caso da supresión do servicio.

VIII. Relacións cos usuarios.

O concesionario virá obrigado nas súas relacións cos usuarios a axustarse ás prescricións do regulamento do servicio, os cales teñen dereito ó establecemento e funcionamento do servicio, dereito de admisión ó servicio, cumprindo os requisitos establecidos no regulamento que o regule.

IX. Extinción da concesión do servicio.

Son causas de extinción do contrato da concesión da xestión do servicio público do matadoiro municipal das Pontes, as seguintes:

1. Resolución por incorre-lo concesionario en infracción moi grave das súas obrigas esenciais, logo de expediente con advertencia fidedigna das concretas deficiencias, e concesión expresa dun prazo prudencial, de acordo coas natureza de tales deficiencias, para poder corrixilas, cando transcorrido o prazo non se corrixisen.

2. Reversión do servicio ó concello por cumprimento do prazo establecido no contrato.

3. Rescate do servicio polo concello, logo de expediente no que se xustifique a necesidade.

4. Declaración de creba ou suspensión de pagamentos ou morte do empresario individual.

5. Declaración de creba ou suspensión de pagamentos ou extinción da persoa xurídica xestora.

X. Sancións por incumprimento da concesión.

10.1. As infraccións nas que pode incorre-lo concesionario clasificaranse en:

-Infraccións leves.

-Infraccións graves.

-Infraccións moi graves.

10.2. Son infraccións leves:

-Non presta-lo servicio durante un prazo continuado de tres días.

-Desatende-las obrigas fundamentais da concesión.

-Non cumpri-las obrigas en materia hixiénico-sanitaria.

-Levantamento dunha acta de inspección polo veterinario por infraccións das normas legais.

-Incumprimento do horario fixado.

10.3. Son infraccións graves:

-Non presta-lo servicio a quen o demandase e reunise os requisitos para a súa utilización.

-Non cumpri-las obrigas sociais e fiscais, tanto no que se refire ós traballadores da concesión como a persoa física ou xurídica titular da concesión.

-O incumprimento das obrigas establecidas no presente prego, así como as previstas no regulamento do servicio.

-Cometer dúas faltas leves no prazo de 2 meses.

-Cometer tres faltas leves no prazo de 4 meses.

-Cometer catro faltas leves no prazo de 6 meses.

-Desatende-las condicións hixiénico-sanitarias dunha forma ostensible e con posible perigo para os consumidores.

10.4. Son infraccións moi graves:

-Ter cometido no prazo de seis meses dúas faltas graves.

-O incumprimento reiterado e sistemático das obrigas de control sanitario así como as condicións hixiénicas.

-O incumprimento das obrigas máis esenciais con previo apercibimento con levantamento de acta de inspección polos servicios sanitarios da Xunta de Galicia.

-Deixar de presta-lo servicio durante un mes.

10.5. As infraccións leves sancionaranse unha multa de 10.000 ptas. a 50.000 ptas. en atención ó dano causado, atenuantes e agravantes.

10.6. As infraccións graves sancionaranse cunha multa de 50.000 ptas. a 250.000 ptas. en función da intencionalidade e resultado da actuación, graduándose tamén en función das atenuantes e agravantes.

10.7. As infraccións moi graves sancionaranse con multa de 250.000 ptas. a 500.000 ptas., con posible perda da concesión sen dereito a indemnización, así como incautación das fianzas presentadas.

10.8. As infraccións leves serán sancionadas pola alcaldía-presidencia directamente, oído o concesionario; as demais infraccións precisarán previo expediente de conformidade coas normas do procedemento administrativo común, e en especial as previstas na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo cal se aproba o Regulamento para o procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

10.9. Cando a infracción cometida transcenda o ilícito administrativo e revista os caracteres de delicto, o alcalde poñerá os feitos en coñecemento dos tribunais de xustiza.

XI. Reversión da concesión ó concello.

11. 1. Extinguido o contrato de concesión, o concello recuperará os bens e instalacións obxecto de reversión.

11.2. Establécese expresamente que, extinguida a concesión, os traballadores ó servicio dela non reverterán cos bens e instalacións, e corresponderalle ó concesionario a sua asunción, ou de se-lo caso, proceder á extinción das relacións contractuais coa antelación previa requirida pola lexislación social, ó seu cargo as indemnizacións e facéndose el único responsable diante dos traballadores ó servicio da concesión.

11.3. Seis meses antes de que expire o prazo do contrato, o concello designará un interventor técnico na empresa concesionaria, o cal vixiará a conservación das obras e do material e informará ó concello sobre as reparacións e reposicións necesarias para mentelos en condicións de uso adecuado.

Se o concesionario incumprise sistematicamente as instruccións que lle curse o concello ou obrase con mala fe, consideraranse que se dan os supostos previstos para declara-la caducidade da concesión, coa incautación da fianza presentada e, reclamación de danos e perdas.

XII. Forma da adxudicación.

A adxudicación da concesión realizarase por concurso de conformidade co presente prego de cláusulas e a normativa que regula a contratación dos entes locais.

XIII. Dereito de preferencia.

Establécese un dereito de preferencia a favor en igualdade de condicións dos empresarios carniceiros das Pontes.

XIV. Risco e ventura.

O concesionario xestionará o servicio ó seu risco e ventura, e este non terá dereito a indemnizacións por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nas obras e servicios; salvo nos casos de forza maior, ou pola modificación do obxecto mesmo da concesión imposta unilateralmente polo concello ou decisións deste producidas fóra do ámbito contractual propiamente dito, e no que a maior onerosidade sobrevida debe ser compartida polo concello.

XV. Fianza provisional e definitiva.

Os licitadores deberán constituír unha fianza provisional de 1.452.232 ptas. e unha fianza definitiva de 2.904.464 ptas. na caixa da corporación, admitíndose o aval bancario en calquera das formas previstas na lexislación de réxime local.

XVI. Fianza complementaria.

O adxudicatario deberá aportar unha fianza complementaria polo importe do 25 por cento do importe do proxecto, podéndose presentar no momento da contratación total ou parcial das obras, non sendo necesario presentala no momento de subscribi-lo contrato administrativo, respondendo esta fianza ademais de á ampliación cando sexa insuficiente a principal, para resarci-lo concello por calquera dos motivos previstos no presente prego ou calquera dos sinalados na lexislación de contratación, do cumprimento do fin da concesión polo prazo concedido.

XVII. Cumprimento das obrigas sociais e laborais.

17.1. O concesionario obrígase a cumpri-las normas vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo, quedando o concello exonerado de responsabilidade por este incumprimento.

17.2. O concesionario queda obrigado ó pagamento dos anuncios de licitación, formalización do contrato, indemnizacións por ocupacións temporais, permisos e tributos que procedan como consecuencia do servicio.

XVIII. Criterios que servirán de base para a adxudicación da concesión.

18.1. Os criterios que servirán de base para a adxudicación son os seguintes:

-Abaratamento das tarifas.

-Vantaxes ós usuarios economicamente débiles.

-Proxecto de funcionamento do servicio.

-Melloras complementarias en obras e na prestación do servicio.

-Solucións técnicas que melloren a presente proposta.

18.2. O órgano contratante reserva para si a facultade de adxudica-lo contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender necesariamente ó seu valor económico, ou declarar deserto o concurso.

XIX. Proposicións e documentación complementaria.

19.1. As proposicións presentaranse na secretaría do concello, en horas de oficina durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Poderanse presentar en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

19.2. Presentaranse nun sobre pechado no que figurará a inscrición «Proposición para tomar parte no concurso convocado para contratar en réxime de concesión administrativa a xestión do servicio do matadoiro municipal das Pontes».

Dentro deste sobre maior conteranse dous sobres A e B, pechados coa mesma inserción referida no apartado anterior e subtítulo.

O sobre A subtitularase «Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada». E conterá os seguintes documentos:

a) Documento nacional de identidade ou fotocopia compulsada.

b) Escritura de poder, declarada bastante e legalizada, se é o caso, se se actúa en representación doutra persoa.

e) Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, e número de identificación fiscal, cando concorra unha sociedade desta natureza.

d) Resgardo acreditativo de ter depositado a fianza provisional.

e) Declaración responsable, perante notario, autoridade xudicial ou administrativa de non estar incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas no artigo 9 da Lei de contratos do Estado e de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, nos termos previstos no artigo 23.3º do Regulamento xeral de contratación do Estado.

f) As empresas estranxeiras presentarán despacho expedido pola Embaixada de España no país respectivo, onde se certifique que conforme, a súa lexislación, ten capacidade para contratar e obrigarse, sendo de aplicación o previsto no artigo 24 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

g) Para o caso de agrupación temporal de empresas deberase cumpri-lo disposto nos artigos 26 e 27 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

a) A proposición de conformidade co seguinte modelo:

O sobre B subtitularase «Oferta económica e modificacións ó obxecto do contrato» e conterá:

Don/Dona.... veciño/a de... con domicilio en ... DNI número... expedido en... con data do..., en nome (ou representación de ... ) como acredito por.... informado/a da convocatoria do concurso anunciada no BOP número.. de data... e no Diario Oficial de Galicia número... de data..., tomo parte nela comprometéndome a xestiona-lo servicio do matadoiro municipal das Pontes, na forma e de conformidade co prego de condicións, cos criterios, melloras e solucións que expoño a continuación, declarando non estar incurso nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade establecidos no artigo 9 da Lei de contratos do Estado.

A) Melloras:

-Abaratamento das tarifas:...

-Vantaxes ós usuarios economicamente débiles:...

-Proxecto de funcionamento do servicio:...

-Melloras en obras e no servicio: ...

XX. Constitución da mesa e apertura de plicas.

1. Terá lugar no salón de actos do concello ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo sinalado na cláusula anterior e o acto será público.

2. A Mesa de Contratación estará integrada da seguinte maneira:

-O alcalde ou concelleiro en quen delegue, como presidente.

-Un vocal designado pola Comisión de Gobernación.

-O secretario e o interventor do concello.

3. A Mesa de Contratación procederá á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e sen efectuar adxudicación provisional dará por terminado o acto, dispoñendo que as proposicións, as observacións que coide pertinentes e a acta que levante para o efecto pasen ós servicios técnicos do concello para que informen acerca da maior ou menor vantaxe das proposicións presentadas.

O expediente de contratación cos informes requiridos elevarase ó órgano de contratación que teña que efectua-la adxudicación do contrato, que deberá dicta-la resolución dentro dos tres meses.

XXI. Réxime xurídico.

No non previsto nas presentes cláusulas rexerán as normas da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladoras das bases do réxime local, a lexislación básica contida no Real decreto lexislativo 931/1986, do 2 de marzo, Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e as normas da Lei de contratos do Estado, ou Regulamento de servicios e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

As Pontes de García Rodríguez, 14 de marzo de 1995.

Aquilino Meizoso Carballo

Alcalde-presidente