Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación directa das obras de reforma e acondicionamento do servicio de urxencias no centro de saúde de Melide (A Coruña).

Obra: reforma e acondicionamento do servicio de urxencias do centro de saúde de Melide (A Coruña).

Orzamento de contrata: 8.882.993 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 355.320 ptas.

Exposición de proxectos.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Ser

gas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores.

Presentaranse un sobre pechado coa documentación sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1995.

P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos