Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONSORCIO DA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Presidencia do Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación das obras de restauración da igrexa da Compañía.

Obxecto: este concurso ten por obxecto a execución das obras de restauración da igrexa da Compañía.

Tipo de licitación: 82.462.139 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Expediente: o prego e proxecto poderán examinarse no seguinte enderezo: Rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación: os licitadores deberán presenta-lo certificado de clasificación correspondente a: grupo K, subgrupo 7.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., nº... e DNI..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de...) na licitación do contrato de obras de..., e que a continuación fago constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letra e números), o que supón unha baixa de... (en letra e números) con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto todalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección a industria nacional.

..., ... de... de 199...

O/A licitador/a.

Presentación de propostas: realizarase no rexistro xeral do Consorcio (Rúa do Villar, 59, Santiago de Compostela), en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín

Oficial del Estado, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

Apertura de plicas: terá lugar na sede do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

Xerardo Estévez Fernández

Presidente do Consorcio da Cidade de Santiago de

Compostela