Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse expediente de substitución das concesións de servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

-V-3025; XG-340, entre Urdilde-A Calle e Padrón (titular: Autos Bustelo, S.L.).

-V-3263; XG-363, entre Rois e Santiago de Compostela (titular: Autos Bustelo, S.L.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que coiden oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes