Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de clave CS-15-14-94/399 e CS-27-01-93/400.

A) Obra:

1. Pantaláns no porto de Portosín.

Clave: CS-15-14-94/399.

Orzamento: corenta e seis millóns catrocentas oitenta e unha mil trescentas trinta e seis (46.481.336) pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría c.

2. Ampliación do porto de Rianxo.

Clave: GS-27-01-93/400.

Orzamento: cento vintenove millóns trescentas dezanove mil cento setenta e dúas (129.319.172) pesetas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 2, categoría d.

(Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións haberán de dirixirse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non

coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

F) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións realizarase pola Mesa de Contratación ás doce horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda