Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público abierto, tramitación urxente, das obras de construcción dunha piscina cuberta no concello de Arteixo (A Coruña), e oito máis incluídas nos convenios de cooperación sobre instalacións deportivas entre a Xunta de Galicia e as deputacións provinciais da Coruña, de Pontevedra e de Ourense.

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes resolveu anuncia-los concursos públicos abertos, mediante tramitación de urxencia, das obras que a continuación se identifican:

-Provincia da Coruña.

1. Obra obxecto do concurso: construcción dunha piscina cuberta no concello de Arteixo (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría e.

b) Orzamento de execución por contrata: cento oitenta e cinco millóns cincocentas vintecatro mil trescentas vintesete pesetas (185.524.327 ptas.).

Prazo de execución: quince (15) meses.

2. Obra obxecto do concurso: pavillón polideportivo, 3ª fase, no concello de Dodro (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: vinteoito millóns corenta e seis mil catrocentas dúas pesetas (28.046.402 ptas.).

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Obra obxecto do concurso: pavillón polideportivo, 2ª fase, no concello de Coirós (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: vintesete millóns setecentas setenta e catro mil trescentas trinta e sete pesetas (27.774.337 ptas.).

c) Prazo de execución: catro (4) meses.

4. Obra obxecto do concurso: reparacións auxiliares na pista polideportiva cuberta no concello de Porto do Son (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: corenta e un millóns novecentas unha mil noventa e oito pesetas (41.901.098 ptas.).

c) Prazo de execución: catro (4) meses.

5. Obra obxecto do concurso: pavillón polideportivo, 4ª fase, no concello de Sada (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: cincuenta e seis millóns novecentas corenta e dúas mil seiscentas vintecinco pesetas (56.942.625 ptas.).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

6. Obra obxecto do concurso: construcción dun campo de fútbol de adestramento en San Lázaro no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría c. Grupo A, subgrupo 2, categoría c.

b) Orzamento de execución por contrata: corenta e dous millóns trescentas oito mil cento cincuenta e nove pesetas (42.308.159 ptas.).

c) Prazo de execución: catro (4) meses.

-Provincia de Pontevedra.

7. Obra obxecto do concurso: pavillón polideportivo, 3ª fase (remate), no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: vinteoito millóns novecentas trinta e tres mil cento catorce pesetas (28.933.114 ptas.).

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

8. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo, no concello da Lama (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: sesenta e sete millóns seiscentas tres mil catrocentas nove pesetas (67.603.409 ptas.).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

-Provincia de Ourense.

9. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo, no concello de Cortegada (Pontevedra).

a) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

b) Orzamento de execución por contrata: cincuenta millóns trescentas sesenta e dúas mil trescentas corenta e sete pesetas (50.362.347 ptas.).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 13 horas

do décimo quinto día hábil a partir do seguinte o da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión do mesmo mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte, no Estadio Multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente, de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata das mesmas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis dunha das obras incluídas na presente resolución deberá presentar un sobre A e B común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na carátula dos mesmos as obras nas que se pretende que surta efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A, por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada diante da

Secretaría Xeral para o Deporte, ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser acreditadas en canto á suficiencia polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA