Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995 pola que se anuncia a contratación directa para a adquisición de uniformes de verán e de inverno para conductores e de inverno para ordenanzas.

Obxecto: adquisición de vestiario de verán e de inverno para os conductores e de inverno para os ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Prazo de entrega: un mes a partir da adxudicación.

Orzamento: 8.108.501 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza definitiva: 324.340 ptas.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase ó modelo que se lle xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 10 días naturais a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público que terá lugar nunhas das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela, ás once horas do primeiro día hábil (que non coincida en sábado) transcorridos cinco días naturais, contados a partir do seguinte o da finalización do prazo de presentación de proposicións.

O importe do anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública