Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.889

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (97/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 97/1995, que se seguen por furto, cítase a José María González Soto, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vinteseis de abril, ás dez corenta horas, compareza na vista do correspondente xuízo de faltas, que terá lugar na sala de vistas do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, na rúa Algalia de Abaixo número 24, desta cidade, facéndolle saber que poderá facelo asistido de letrado, e advertíndoo de que acuda provisto dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA