Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.890

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (12/1995).

En virtude do acordado, polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia de data 27 de febreiro de 1995, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 12/1995, por instancia de Ramón Higinio García Lareo, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do trato sucesivo en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa de alto e baixo sita no número 13 do Campo da Angustia de Arriba, de Santiago de Compostela, de 94,86 m e saído de 0,14 áreas, composta de planta baixa e piso alto. Estrema, polo norte ou fronte co dito Campo da Angustia de Arriba; polo leste ou dereita, saíndo, co atrio da capela da Angustia; polo oeste ou esquerda medianeira da casa número catorce da propiedade de Juan Barcia, hoxe de Dolores Cabezas; e polo sur, ou por detrás, horta de Saturnino Collantes, hoxe de Consuelo Martínez.

Polo presente edicto cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir do da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto conveña ó seu dereito, en función da pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado