Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.889

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (463/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos de que se fará méritos se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 463/1994, seguidos por desobediencia á autoridade e estafa; sendo denunciantes Benigno Codesido Barcia, maior de idade, e os axentes da policía municipal número 75 e 90; e aparecendo como parte denunciada Alfonso Santiago García Villanueva, Garikoitz Landa Jiménez, José María Gutiérrez González, Olaya Requeijo Rey, Claudia Corniella Saegler, Ana Beltrán Inglada, Gael González Pérez e Arcadio Rodolfo Esteban Royo, maiores de idade, sendo igualmente parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Afonso Santiago Gareía Villanueva, Garikoitz Landa Jiménez, José María Gutiérrez González, Olaya Requeijo

Rey, Claudia Corniella Saegler, Ana Beltrán Inglada, Gael González Pérez e Arcadio Adolfo Esteban Royo como autores responsables dunha falta de estafa do artigo 587.2º do Código Penal á pena de un día de arresto menor xa extinguido, debendo indemnizar, todos eles conxunta e solidariamente a Benigno Codesido Barcia, na cantidade de 1.400 ptas. Igualmente debo condenar e condeno a Alfonso Santiago García Villanueva corno autor dunha falta do artigo 570.2º do Código Penal, á pena de 15.000 ptas. de multa con arresto substitutorio de 4 días no caso de non pagamento. Así mesmo deberán aboa-lo pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia, todos eles conxunta e solidariamente.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se poderá interpor no prazo de cinco días desde asúa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Alfonso Santiago García Villanueva e Arcadio Rodolfo Esteban Royo, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado