Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (184/1993).

O xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 184/1993, se segue procedemento executivo, por instancia de Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador Ricardo García Piccoli, contra Luciano López Mosquera e María Jesús Dolores Rodríguez Gómez, en reclamación de certa cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa avaliación, o/os seguinte/s ben/s embargado/s no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

A poxa celebrarase o próximo día 25 de maio ás 12 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na avenida de Lugo, número 45, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma. O tipo é de 1.034.000 pesetas.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A.), oficina 1475, asento 1510/000/17 a favor do expediente executivo 184/1993.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto

co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto número 2.

5. Para o suposto de que resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vintesete de xuño ás 12 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 28 de xullo, tamén ás 12 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos boletíns oficiais que correspondan.

Relacións de bens que se poxan.

1. Urbana sita na vila e municipio de Melide, rúa do Castelo, dunha área e tres centiáreas, inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no tomo 395, libro 65 de Melide, folio 56, predio rexistral 10975.

Dado en Arzúa, 22 de febreiro de 1995.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA