Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 18 de abril de 1995 Páx. 2.888

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (79/1993).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo declarativo ordinario de menor contía número 79/1993, sobre nulidade de operacións particionais, por instancia de Manuel Cancelo Fernández, representado polo procurador Regueiro Muñoz contra Juan Cancelo Fernández e outros representado pola procuradora Sánchez Silva, nas súas actuacións dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente di así:

«Sentencia. En Arzúa, nove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido, os presentes autos de xuízo de menor contía sobre nulidade de operacións particionais, rexistrados co número 79/1993, dos asuntos civís deste xulgado, sendo demandante Manuel Cancelo Fernández, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e defendido polo letrado José Paz Sueiro, contra Juan Cancelo Fernández e outros, representados pola procuradora Soledad Sánchez Silva e defendidos polo letrado José Santiago Pérez,

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo procurador Victorino Regueiro Muñoz en nome e representación de Manuel Cancelo Fernández e na súa consecuencia debo absolver e

absolvo os demandados nas presentes actuacións das pretensións que deron lugar a elas, todo isto con expresa condena de costas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no termo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido».

E para que así conste e lles sirva de notificación de sentencia ás persoas, descoñecidas e incertas, que puidesen estar interesadas na herdanza de Ramón Cancelo Botana e Pastora Fernández Liñares, expido, selo e asino esta edicto en Arzúa o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado